Panfronio foi un senador romano que viviu na segunda metade do século VI.

Infotaula de personaPanfronio
Biografía
Senador romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Panfronio, se cadra descendente do uir illustris Panfronio correspondente de Ennodio na época de Teodorico.[1][2], era un oficial civil imperial de alto rango e membro importante do senado romano. Viviu no período da guerra gótica (535-553), a consecuencia da cal Italia foi conquistada polo Imperio romano de Oriente (ou bizantino). Como confirmación da importancia que revestía Panfronio en Italia, ao final da guerra (sobre 555) o Emperador Xustiniano I dirixiu unha constitución imperial que atanguía os debedores en Italia e Sicilia precisamente a Panfronio, ademais de ao xeneralísimo Narsés e ao senado. Probabelmente na época da constitución imperial en cuestión, Panfronio era o praefectus urbi de Roma.[2][3]

Panfronio aparece citado como patricius e membro do senado romano en dous fragmentos da obra histórica (que só sobrvive en fragmentos) do historiador clasicista bizantino Menandro Protector. Conta Menandro que sobre o 561 o xeneralísimo Narsés enviou a Panfronio e o comes patrimonii per Italiam, Bono, onda o xeneral franco Amingo para lle pedir que non obstaculizase o cruzamento do río Adige por parte do exército bizantino, pois iso significaría vilar a tregua acadada un tempo antes entre imperiais e francos; Amingo, porén, negouse, con toda probabilidade porque estaba aliado co godo rebelde Widin, a que estaba a combater Narsés,[4] obrigando a Narsés a enfrontarse con el e vencelo xunto con Widin.[5]

No 578/579 Panfronio, se cadra na época caput senatus,[1][2] foi enviado polo senado romano como embaixador a Constantinopla para pedirlle ao emperador Tiberio II axuda contra os longobardos, que no 568 invadiran a península e que en poucos anos a ocuparan en gran parte, chegando mesmo a cercar Roma no curso do ano 579. Tiberio II, porén, estaba ocupado contra os persas, polo que estaba imposibilitado para enviar reforzos a Italia; en cambio rexeitou as 3.000 libras de ouro que Panfronio pretendía darlle como regalo pola súa subida ao trono (Tiberio II era de feito emperador había pouco) e aconselloulle que o empregase para corromper os duques longobardos para os empurrar a pasar ao servizo de Bizancio ou ben para lle pedir axuda aos francos.[6] Tales medidas, con todo, non fixeron efecto.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 PLRE IIIb, p. 963.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ravegnani, p. 79.
  3. PLRE IIIb, p. 962.
  4. Menandro Protector, fragmento 8.
  5. Paulo Diácono, II,2.
  6. Menandro Protector, fragmento 49.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar