Pan negro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pa negre.
Pan negro[1], no orixinal catalán Pa negre, é unha novela da literatura catalá contemporánea escrita por Emili Teixidor en 2004. Foi traducida ao galego por Eduard del Castillo Velasco e publicada pola Fundación Vicente Risco[2] a finais de 2011.
Pan negro | |
---|---|
Título orixinal | Pa negre |
Autor/a | Emili Teixidor |
Orixe | Cataluña |
Lingua | catalán |
Colección | Narrativa |
Editorial | Editorial Columna |
Data de pub. | 2004 |
Páxinas | 400 |
ISBN | 978-8466414388 |
Premios |
|
Tradución | Eduard del Castillo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarEstá ambientada no rural catalán durante a época da posguerra en España. Os temas que trata son a conciencia moral e o descubrimento da sexualidade dun adolescente obrigado ao silencio para sobrevivir. O seu autor, Teixidor, é unha figura recoñecida de literatura xuvenil no seu país.
A obra está traducida a outras linguas e conta cunha versión cinematográfica[3], tamén chamada Pa negre, baixo a dirección de Agustí Villaronga.
Notas
editar- ↑ Ficha do libro[Ligazón morta]
- ↑ "Ficha na Fundación V. Risco". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de febreiro de 2012.
- ↑ La novela en la que se basa 'Pa Negre' vende 20.000 ejemplares tras el estreno del filme, en La Vanguardia. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Crítica do libro (en castelán)