Pan con xamón

novela de Charles Bukowski

Pan con xamón (en inglés: Ham on Rye) é unha novela de Charles Bukowski, publicada en 1982. Escrita en primeira persoa, describe con certa carga autobiográfica a infancia e mocidade do alter ego de Bukowski, Henry Chinaski, na prosa honesta e sincera que caracteriza ao autor. Está ambientada nos Ánxeles durante a época da Gran Depresión.

Pan con xamón
Título orixinalHam on Rye
Autor/aCharles Bukowski
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela, Realismo sucio
EditorialFlag of the United Kingdom.svg Black Sparrow Books
Galicia Factoría K de libros
Data de pub.Flag of the United Kingdom.svg 1 de setembro de 1982
Galicia novembro de 2009
Formatorústica con lapelas
Páxinas348 páxinas
ISBNFlag of the United Kingdom.svg ISBN 0-87685-558-3
Galicia ISBN 978-84-96957-72-5
TraduciónEva Almazán
editar datos en Wikidata ]

AmbientaciónEditar

Coma as súas obras previas, Ham on Rye está ambientada nos Ánxeles, onde o autor creceu. Bukowski mantén as descricións realistas da súa cidade, facendo fincapé na xente que conforma Os Ánxeles máis que na cidade en si. Este tipo de descrición non venera ou idealiza a cidade, en contraste con outras obras coñecidas como "Novelas dos Ánxeles"[1]. As escenas fóra dos Ánxeles mostran a Chinaski coma un intruso, coma ao comezo da novela, cando vai coa súa familia a unha plantación de laranxeiros[2].

Protagonista e personaxesEditar

Coma en novelas autobiográficas anteriores, céntrase na vida de Henry Chinaski durante a infancia e a adolescencia. Bukowski mostra o seu carácter de anti heroe misántropo, similar ao de obras coma Servizo de Correos ou Hollywood. Chinaski, que crece nun barrio pobre dos Ánxeles durante a Gran Depresión, aparece como un perdedor sarcástico. Isto débese en boa parte ás habituais malleiras do seu pai, en moitas ocasións sen motivo. Convértese nun marxinado por parte dos rapaces da escola pola súa nula habilidade para os deportes, e despois polo seu terríbel acne.

Chinaski foi comparado co monstro de Frankenstein ou o moderno Prometeo e co personaxe de Franz Kafka Gregor Samsa pola marxinación que lle produce a súa "monstruosa" aparencia[3]. Adoita responder con violencia nos enfrontamentos con quen o marxinan e mostra unha imaxe de "tipo duro".

Ao igual que Henry Chinaski, os demais personaxes están ambientados conforme os modelos de familiares e amizades do propio autor.[4].

TítuloEditar

O título, Ham on Rye, significa literalmente "xamón sobre centeo", en referencia a dous alimentos que combinan ben. Segundo certos autores, pode ser unha referencia ao libro de J. D. Salinger O vixía no centeo (1951).

A versión galega foi traducida por Eva Almazán e publicada por Factoría K en 2009. Amais, foi traducida, entre outros, ao italiano (Panino al prosciutto), ao castelán (La senda del perdedor), ao checo (Šunkový nářez) e ao sueco (Min oskuld och Pearl Harbor).

NotasEditar

  1. Fontana, Ernest: "Bukowski's Ham on Rye and the Los Angeles Novel". The Review of Contemporary Fiction,1985. 5 (3):4-8 (en inglés)
  2. Fontana, Ernest: "Bukowski's Ham on Rye and the Los Angeles Novel". The Review of Contemporary Fiction, 1985. 5 (3): 5 (en inglés).
  3. Fontana, Ernest: "Bukowski's Ham on Rye and the Los Angeles Novel". The Review of Contemporary Fiction, 1985. 5 (3): 6 (en inglés).
  4. No limiar de Women, a cargo de Niall Griffiths. Virgin Books. UK.