Pablo Fernández Santos
Pablo Fernández Santos, nado en León o 4 de xuño de 1976, é un político español, procurador nas Cortes de Castela e León por Podemos.[1][2]
Biografía | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Juan Pablo Fernández Santos 4 de xuño de 1976 (47 anos) León, España | ||||||||||||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||||||||||||
Procurador nas Cortes de Castela e León | |||||||||||||||||||||||||
Período | 16 de xuño de 2015 – | ||||||||||||||||||||||||
Secretario xeral de Podemos- Castela e León | |||||||||||||||||||||||||
Período | 14 de febreiro de 2014 – | ||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Dereito | ||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||
Ocupación | Autónomo, político | ||||||||||||||||||||||||
Partido político | Podemos | ||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Pablo Fernández é licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid.[3] Foi traballador autónomo, rexentando un quiosco de prensa na súa cidade natal.[4][5]
En 2014 comezou a súa militancia en Podemos, sendo elixido representante para o Consello Cidadán do partido.[6] En febreiro de 2015 as bases do partido escollérono como secretario xeral de Podemos en Castela e León, sendo igualmente designado candidato á presidencia da Xunta en abril do mesmo ano e conseguindo nas eleccións autonómicas de maio representación nas Cortes por todas as provincias castelá-leonesas exceptuando Soria.[7][8][9][10]
En maio de 2017 foi reelixido secretario xeral de Podemos en Castela e León.[11]
Referencias editar
- ↑ Procuradores. Fernández Santos, Juan Pablo. Arquivado 14 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Cortes de Castilla y León.
- ↑ Pablo Fernández Santos. Arquivado 29 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Transparencia Podemos.
- ↑ Quién es quién de la lista de Pablo Iglesias para dirigir Podemos. Eldiario.es. 10 de novembro de 2014.
- ↑ «Mi familia no entiende esta entrega a Podemos sin cobrar nada». Diario de Valladolid. 12 de novembro de 2014.
- ↑ Quién es quién en Podemos. Arquivado 18 de abril de 2019 en Wayback Machine. Diario de León. 10 de xuño de 2015.
- ↑ Los 62 de Podemos. El País. 16 de novembro de 2014.
- ↑ El leonés Pablo Fernández Santos, nuevo secretario general de Podemos CyL con el 68,1% de los votos. Europa Press. 14 de febreiro de 2015.
- ↑ Pablo Fernández, candidato de Podemos a la Junta. Cadena Ser. 2 de abril de 2015.
- ↑ Pablo Fernández Santos. El Norte de Castilla. 8 de maio de 2015.
- ↑ Podemos irrumpe fuerte en la plaza más difícil. El Correo de Burgos. 25 de maio de 2015.
- ↑ Pablo Fernández es reelegido secretario de Podemos en Castilla y León con el 71,95 por ciento de los votos. ABC. 22 de maio de 2017.