Orbiting Vehicle 3

(Redirección desde «PHASR»)

Orbiting Vehicle 3 ou OV3 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1966 e 1967.[1][2]

Características editar

Os satélites OV3 tiñan forma octogonal e todos foron lanzados mediante foguetes Scout B.[1][2]

Misións editar

  • OV3 1: investigou os cintos de radiación e levou a bordo experimentos para estudar campos. Os experimentos eran unha copia dos da misión OV2 1.
  • OV3 2: experimentos para estudar as partículas de baixa enerxía dos cintos de radiación (espectrómetro de masas, analizador de potenciais retardados, sonda Langmuir e magnetómetro triaxial).
  • OV3 3: experimentos para estudar os cintos de radiación (copa de Faraday, dous telescopios direccionais, tres espectrómetros, un magnetómetro e un receptor VLF).
  • OV3 4 ou PHASR (Personal Hazards Associated with Space Radiation): levaba un experimento con seis cámaras de ións equivalentes a tecido biolóxico, dous espectrómetros de cinco canais, dous espectrómetros de partículas cargadas e un magnetómetro.
  • OV3 5 ou ATCOS 1 (Atmospheric Composition Satellite 1): levaba dous espectrómetros de masas, tres indicadores de ionización e dúas sondas de impedancia.
  • OV3 6 ou ATCOS 2 (Atmospheric Composition Satellite 2): levaba unha instrumentación idéntica a OV3 5.

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
OV3 1 22 de abril de 1966 Scout B Éxito
OV3 4 (PHASR) 10 de xuño de 1966 Scout B Éxito
OV3 3 4 de agosto de 1966 Scout B Éxito
OV3 2 28 de outubro de 1966 Scout B Éxito
OV3 5 (ATCOS 1) 31 de xaneiro de 1967 Scout B Fallo
OV3 6 (ATCOS 2) 5 de decembro de 1967 Scout B Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "OV3" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OV3" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar