Orbiting Vehicle 5
Orbiting Vehicle 5 ou OV5 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1967 e 1969.[1][2]
Características
editarOs satélites OV5 foi unha serie de satélite de experimentación sinxelos baseados nos satélites ORS. Tiñan forma de octaedro e unha masa de arredor de 9 kg.[1][2]
Misións
editar- OV5 1: levaba a bordo un contador proporcional de berilio, detectores de estado sólido, fotomultiplicadores e seis contadores Geiger direccionais.
- OV5 2: levaba varios espectrómetros omnidireccionais, contadores Geiger e detectores direccionais de protóns e electróns.
- OV5 3: levou a cabo probas de fricción con diversos tipos de materiais.
- OV5 4: fixo experimentos con fluídos en ebulición.
- OV5 5: levaba un magnetómetro no extremo dun mastro, sete detectores de partículas e un receptor LVF.
- OV5 6: usou varios detectores de estado sólido, unha copa de Faraday, un espectrómetro magnético e un magnetómetro de porta de fluxo.
- OV5 7: levaba a bordo varios detecores de raios X solares.
- OV5 8: fixo experimentos de fricción no baleiro.
- OV5 9: tiña a bordo un receptor VLF, un detector de raios X solares e catro detectores de partículas.
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
OV5 1 | 28 de abril de 1967 | Titan 3C | Éxito |
OV5 3 | 28 de abril de 1967 | Titan 3C | Éxito |
OV5 8 | 16 de agosto de 1968 | Atlas-SLV3 Burner 2 | Fallo |
OV5 2 | 26 de setembro de 1968 | Titan 3C | Éxito |
OV5 4 | 26 de setembro de 1968 | Titan 3C | Éxito |
OV5 5 | 23 de maio de 1969 | Titan 3C | Éxito |
OV5 6 | 23 de maio de 1969 | Titan 3C | Éxito |
OV5 9 | 23 de maio de 1969 | Titan 3C | Éxito |
OV5 7 | Non chegou a lanzarse. |