Orbiting Vehicle 4

Orbiting Vehicle 4 ou OV4 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados en 1966.[1][2]

Características editar

Os satélites OV4 foron deseñados para probar a viabilidade do uso da capa F da ionosfera como guía de ondas para transmisións en HF e VHF entre satélites fora da liña de visión entre eles. Lanzáronse dous satélites OV4: o OV4 1R (receptor), de 136 kg de masa, e o OV4 1T (transmisor), con transmisores en 20 MHz, 34 MHz e 46 MHz. Outros dous satélites da mesma serie foron cancelados.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
OV4 1R 3 de novembro de 1966 Titan 3C Éxito
OV4 1T 3 de novembro de 1966 Titan 3C Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "OV4" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OV4 1R, 1T, 2R, 2T" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar