Píso apó tis thimoniés

Píso apó tis thimoniés (en grego: Πίσω από τις θημωνιές) é un filme grego de 2022 dirixido e escrito por Asimina Proedrou, no seu debut como directora. O filme conta a historia dun pescador de mediana idade que, por mor dunha débeda crecente, comeza a pasar de contrabando refuxiados por un lago na fronteira norte de Grecia.[1] Estreouse na 63ª edición do Festival Internacional de Cinema de Tesalónica na sección 'Meet the Neighbours Competition' o 11 de novembro de 2022.[2][3]

Píso apó tis thimoniés
Ficha técnica
Título orixinalΠίσω από τις θημωνιές
DirectorAsimina Proedrou
Produtor
  • Vladimir Anastasov
  • Ioanna Bolomyti
  • Markus Halberschmidt
  • Angela Nestorovska
GuiónAsimina Proedrou
Intérpretes
  • Stathis Stamoulakatos
  • Eleni Ouzounidou
  • Evgenia Lavda
  • Christos Kontogeorgis
MúsicaMarios Strofalis
FotografíaSimos Sarketzis
MontaxeIlektra Venaki
Estudio
  • Argonauts Productions
  • Fiction Park
  • Sektor Film
DistribuidoraTesalónica: 11 de novembro de 2022
Estrea2022
Duración118 minutos
OrixeGrecia Grecia
Alemaña Alemaña
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
XéneroDrama
Na rede
https://www.argonautsproductions.gr/production/behind-the-haystacks/
IMDB: tt19631646 Filmaffinity: 304009 Rottentomatoes: m/behind_the_haystacks Editar o valor em Wikidata

Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4][5] mais finalmente non foi nomeado.[6]

Personaxes editar

  • Stathis Stamoulakatos como Stergios
  • Eleni Ouzounidou como Maria
  • Evgenia Lavda como Anastasia
  • Christos Kontogeorgis como Christos
  • Dina Mihailidou como Georgia
  • Paschalis Tsarouhas como Dimitris
  • Leonidas Alatsakis como Nikos

Notas editar

  1. "Behind the Haystacks". Cineuropa. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  2. Economou, Vassilis (27 de outubro de 2022). "The 63rd Thessaloniki International Film Festival is ready to blast off". Cineuropa (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  3. Christopher Vourlias (15 de novembro de 2022). "Refugee Crisis Exposes a Family's Moral Flaws in Greek Debut 'Behind the Haystacks'". Variety (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  4. Yiannis Kantea-Papadopoulos (13 de setembro de 2023). "Το 'Πίσω από τις Θημωνιές' προτείνει για τα Όσκαρ η Ελληνική Ακαδημία Κινηματογράφου" ["Behind the Curtains" is recommended for the Oscars by the Hellenic Cinema Academy]. Athinorama (en grego). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  5. Clayton Davis (7 de decembro de 2023). "Academy Announces 288 Eligible Titles for Animated, Documentary and International Feature Oscar Races". Variety (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  6. "96th Oscars Shortlists Announced for 10 Categories". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 21 de decembro de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar