Píllara semipalmada
Charadrius semipalmatus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Plumaxe da estación reprodutora, en Nunavut, Canadá | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Área de nidificación en amarelo, de migración en amarelo, de invernación en azul (no Caribe e pola costa)
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Charadrius hiaticula semipalmatus |
A píllara semipalmada (Charadrius semipalmatus) é unha pequena ave carádrida. Ten os pés parcialmente palmados, como indica o seu nome.[2]
DescriciónEditar
Esta especie pesa de 22 a 63 g e mide de 14 a 20 cm de lonxitude e de 35 a 56 cm de envergadura alar.[3] Os adultos teñen o dorso e as ás maróns agrisados, un ventre branco e un peito branco cunha banda negra. Ten a parte superior da cabeza negra, fronte branca e unha máscara negra arredor dos ollos e un bico curto laranxa con punta negra.
HábitatEditar
O seu hábitat reprodutor son os chans abertos de praias ou chairas do norte do Canadá e Alasca. Aniñan no chan con pouca ou nula vexetación.
Son migratorias e invernan en áreas costeiras do sur dos Estados Unidos, o Caribe e gran parte de Suramérica. Son aves errantes extremadamente raras en Europa occidental, e atopáronse en Terra de Fogo e as illas de Scilly británicas.[4] O seu verdadeiro status pode quedar escurecido pola dificultade de identificalo sen confundilo coa moi similar píllara real de Eurasia, da cal anteriormente era considerada unha subespecie.
ComportamentoEditar
Aliméntase nas praias, chairas mareais e campos utilizando a vista. Come insectos, crustáceos e vermes. Lembra unha píllara rabirrubia (Charadrius vociferus) pero é moito menor e ten só unha banda no peito.[5] Como aniña no chan, usa unha exhibición de "á rota" para intentar enganar os intrusos e afastalos do niño, que é unha exhibición similar á que fai a emparentada píllara rabirrubia.[6]
GaleríaEditar
Nas Illas Galápagos
Ilustración (de John James Audubon)
NotasEditar
- ↑ "Charadrius semipalmatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 99, 353. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), ISBN 978-0-8493-4258-5.
- ↑ Coomber, Richard (1991). "Charadriiformes: Plovers". Birds of the World. Godalming, Surrey: Colour Library Books Ltd. pp. 97–100. ISBN 0862838061.
- ↑ Kaufman, Kenn. (2000) Kaufman Field Guide to Birds of North America. New York: Houghton-Mifflin.
- ↑ University of Michigan Animal Diversity Web http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Charadrius_semipalmatus/
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Semipalmated plover |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Píllara semipalmada |
Ligazóns externasEditar
- Semipalmated plover species account - Cornell Lab of Ornithology
- Semipalmated plover - Charadrius semipalmatus - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Semipalmated plover, Environment Canada
- Vídeos, fotos, e sons de Semipalmated plover na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Semipalmated plover en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Charadrius semipalmatus en IUCN Red List maps