Pescador de Islandia
novela de Pierre Loti
(Redirección desde «Pêcheur d'Islande»)
Pescador de Islandia[1] (en francés: Pêcheur d'Islande) é unha novela do escritor francés Pierre Loti que foi orixinalmente publicada en 1886. Conta a romántica mais inevitablemente triste vida dun pescador bretón que navega cada verán até as costas de Islandia na busca de bacallau. O crítico literario Edmund Gosse considerouna a "máis popular e máis fina de tódalas obras de Loti".[2]
Pescador de Islandia | |
---|---|
Título orixinal | Pêcheur d'Islande |
Autor/a | Pierre Loti |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Calmann-Lévy Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1886 2014 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 260 |
ISBN | ISBN 978-84-939647-9-5 |
Tradución | Xavier Senín |
[ editar datos en Wikidata ] |
O estilo de Loti é unha mestura da escola realista francesa, como a representada por Émile Zola, e unha forma de impresionismo literario.[2]
Foi traducido ó galego por Xavier Senín[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Pescador de Islandia. Traducido por Xavier Senín (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-941211-8-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ 2,0 2,1 Encyclopædia Britannica Eleventh Edition, "Pierre Loti", de Edmund Gosse
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 22. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.