Otto von Guericke

Otto von Guericke, nado o 20 de novembro de 1602 en Magdeburg (Alemaña) e finado o 21 de maio de 1686 en Hamburgo,[1] foi un físico alemán.

Modelo:BiografíaOtto von Guericke

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1602 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Magdeburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1686 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Hamburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMagdeburgo Editar o valor en Wikidata
Alcalde
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Leipzig Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica matemática Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Hamburgo (1650–1650)
Magdeburgo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, enxeñeiro, construtor de instrumentos, xurista, inventor, político, científico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMagdeburgo, alcalde Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Герике Отто фон)
Larousse Encyclopedia online (pt) Traducir, (sec:Otto von Guericke)
Hamburgische Biografie Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Von_Gericke-3

Traxectoria

editar

Estudou dereito nas universidades de Leipzig e Jena. Logo dedicouse aos estudos de matemática na universidade de Leyden. Desde 1646 desempeñou o cargo como xuíz na cidade de Magdeburg durante trinta anos. Á parte da súa carreira como xurista, a súa paixón foi a física.

Estudou os tratados de Blaise Pascal e Evangelista Torricelli sobre a presión atmosférica. En 1654, Von Guericke fixo unha espectacular demostración da inmensa forza que a atmosfera podía exercer. Mostrou que cando dous hemisferios de cobre de 50 centímetros de diámetro perfectamente axustados eran unidos de maneira que formasen unha esfera e facíase o baleiro no seu interior, dous tiros de oito cabalos cada un non podían separalos. Noutro experimento máis inmediatamente relacionado coa historia da máquina de vapor mostrou que cando se creaba un baleiro parcial baixo un émbolo de grandes dimensións introducido nun cilindro, a forza sumada de cincuenta homes non podía evitar que a presión atmosférica levase o émbolo ao fondo do cilindro.

Puido comprobar que o son non pode propagarse no baleiro. Para demostrar os efectos da presión atmosférica ideou o experimento cos hemisferios de Magdeburg en 1654 ante a Dieta Imperial de Ratisbona.

Tamén fixo investigacións sobre electrostática. Observou que se producía unha repulsión entre corpos electrizados logo de ser atraídos. Ideou a primeira máquina electrostática e sacou faíscas dun globo feito de xofre, o cal levoulle a especular sobre a natureza eléctrica dos lóstregos.

En astronomía foi un dos primeiros en afirmar que pode predicirse o retorno dos cometas.

En 1672 publicou a súa obra Experimenta nova, ut vocatur Magdeburgica, de vacuo spatio, onde describe o seu soado experimento cos hemisferios de Magdeburgo.

  1. "Otto von Guericke". Enciclopedia Británica (en inglés). Consultado o 28 de xullo do 2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar