Otto Piene

artista alemán

Otto Piene, nado en Laasphe o 18 de abril de 1928 e finado en Berlín o 17 de xullo de 2014,[1] foi un pintor e escultor alemán.

Otto Piene
Otto Piene fotografado por Lothar Wolleh.
Nacemento18 de abril de 1928
Lugar de nacementoBad Laasphe
Falecemento17 de xullo de 2014
Lugar de falecementoBerlín
NacionalidadeAlemaña
Alma máterKunstakademie Düsseldorf e Universidade de Colonia
Ocupaciónescultor, pintor e debuxante
CónxuxeElizabeth Goldring-Piene
FillosChloe Piene
Coñecido porStar Pit
PremiosOfficer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Max Beckmann prize e Ordem de Mérito da Renânia do Norte-Vestfália
Na rede
Discogs: 4769933 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Otto Piene creceu en Lübbecke. Entre 1949 e 1953, estudou pintura na Academia de Arte de Múnic e na de Düsseldorf. Entre 1952 e 1957 estudou filosofía na universidade de Colonia. En 1959 celebrou a súa primeira exposición individual na Galería Schmela de Düsseldorf. En 1964 aceptou un posto como docente na Universidade de Pensilvania, cargo que exerceu durante catro anos. A Universidade de Baltimore nomeouno Doutor en Belas Artes en 1994. Ultimamente alternaba as súas residencias entre Massachusetts e Düsseldorf.

Obra editar

En 1957, Piene e Heinz Mack fundaron o grupo ZERO, uníndoselles en 1961 Günther Uecker. Este grupo mostrouse moi activo entre 1961 e 1966, celebrando numerosas exposicións, así como publicando de xeito periódico a revista homónima. A esa época pertencen obras como Lichtballette ("Balé de luz") e Rauchbilder ("Imaxes de fume"), no que a relación entre a obra exposta e as enerxías naturais primarias son máis que evidentes. Piene participou con obras súas en documenta en 1959, 1964 e 1977.

Otto Piene traballou cos seus Rauchbilder; lume e fume son elementos importantes nas súas obras. Tamén experimentou con combinacións de elementos multimedia. Xunto cos seus correlixionarios Günther Uecker e Heinz Mack, converteuse en portavoz do Neuen Idealismus ("Novo Idealismo"). En 1968 realizou, en colaboración con Aldo Tambellini, o programa televisivo Black Gate Cologne, que é recoñecido como un dos pioneiros no seu xénero.

Tamén participou en dúas edicións da Bienal de Venecia, en concreto nos anos 1967 e 1971. En 1985 fixo o propio na Bienal de São Paulo. Quizais a súa obra máis popular fose o Arco da vella creado para a clausura dos Xogos Olímpicos de Múnic.

Galardóns editar

Notas editar

  1. "Murió el artista plástico alemán Otto Piene". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar