Otto Müller, nado o 9 de decembro de 1870 en Eckenhagen, Renania (Alemaña) e finado en Berlín o 12 de outubro de 1944, foi un sacerdote opositor ao nacionalsocialismo.

Otto Müller
Nacemento9 de decembro de 1870
Lugar de nacementoEckenhagen
Falecemento12 de outubro de 1944
Lugar de falecementoBerlín
NacionalidadeReich alemán
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e membro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi ordenado sacerdote en 1984. En 1906 asumiu o cargo de presidente do Movemento Católico de Traballadores, dende onde promoveu os dereitos da clase obreira. En 1918 foi presidente da asociación de Alemaña occidental. Co ascenso social do nazismo manifestouse publicamente en contra dese movemento en expansión por consideralo totalitario, racista e contrario aos valores cristiáns. Actuou activamente na Resistencia en Colonia. Foi detido pola Gestapo en 1944. Morreu en circunstancias pouco claras no hospital estatal da policía en Berlín. Non se sabe onde foi soterrado.