Otfried de Weissenburg

(Redirección desde «Otfried von Weissenburg»)

Otfried de Weissenburg, nado c. 790 e finado c. 870, foi un monxe medieval considerado o primeiro poeta de lingua xermánica[1].

Infotaula de personaOtfried de Weissenburg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 790 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte875 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , sacerdote , tradutor , escritor , bibliotecario Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRábano Mauro Editar o valor em Wikidata
LinguaAntigo alto alemán e latín medieval Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Discogs: 5528481 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Alumno da escola monástica da abadía beneditina de Wissembourg, o mozo Otfried completará a súa formación na abadía de Fulda (onde seguirá a ensinanza de Rábano Mauro) e na abadía de Saint-Gall (Suíza).

Convertido en monxe e logo en director da escola monástica de Wissembourg, Otfried compuxo non só poemas en latín senón tamén na lingua vernácula da época.

Así naceu, despois de polo menos vinte anos de traballo, o Libro dos Evanxeos en alto alemán antigo, a primeira obra literaria na que se había converter na lingua alemá. Este poema duns 16 000 versos que relatan a vida de Cristo segundo os catro Evanxeos, vai acompañado de iluminacións como a entrada de Cristo en Xerusalén o Domingo de Ramos e a escena da Crucifixión.

Algúns destes debuxos pódense admirar na Biblioteca Nacional de Austria (Hofbibliothek) en Viena, Austria.

Notas editar

  1. Adrien Finck, La littérature alsacienne, artigo posto en liña o 1 de decembro de 2010 na páxina do CRDP de Estrasburgo, consultado o 20 de maio de 2017

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • (en alemán) Johanna Belkin et Juergen Meier, Bibliographie zu Otfrid von Weissenburg und zur altsächsischen Bibeldichtung: Heliand und Genesis, E. Schmidt, Berlin, 1975, 137 p. ISBN 3-503-00765-2
  • (en alemán) Wolfgang Kleiber (dir.), Otfrid von Weissenburg, Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt, 1978, 438 p. ISBN 3-534-06418-6
  • (en alemán) Paul Piper, Otfried und die uebrigen Weissenburger Schreiber des 9. Jahrhunderts, Francfurt-am-Main, 1899
  • (en inglés) Donald Alexander Mackenzie, Otfrid von Weissenburg: narrator or commentator?, Stanford University Press, 1946, 82 p.
  • Frédéric Théodore Horning, Conjectures sur la vie et l'éducation d'Otfrid, moine de Wissembourg, Université de Strasbourg, 1833 (thèse)
  • Nouveau Dictionnaire de biographie alsacienne, artigo de Gérard Cames, vol. 29, p. 2923