Osbald de Northumbria

Osbald foi rei de Northumbria durante 796. Era amigo de Alcuíno, bispo de York que a miúdo o aconsellaba.

Infotaula de personaOsbald de Northumbria
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morte799 Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Iorque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
18 de abril de 796 – 14 de maio de 796
← Aethelred I de NorthumbriaEardwulf de Northumbria →
Abade
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Osbald era un home violento e probabelmente un asasino. O 9 de xaneiro de 780, asasinou a Bearn, fillo de Ælfwald queimándoo en Selectune (posibelmente Silton, Yorkshire do norte)[1]. En 793 Alcuíno escribiu dúas cartas a Osbald instándoo para deixar o seu modo de vida extravagante. Criticaba o seu comportamento cobizoso, luxosas vestimentas e o seu corte de pelo pagán. Animábao a que se dedicase a Deus porque “o luxo en emperadores significa pobreza para as persoas”.

Osbald convertíase en rei de Northumbria en 796 mentres o país se disolvía na anarquía. Gobernou durante 27 días antes de ser abandonado pola casa real e o pobo. Exiliouse en Lindisfarne.

Pouco despois, Osbald navegou a Pictland cos seus compañeiros, onde foi acollido por Caustantín, rei dos pictos.

Osbald deu o seu nome a dous sitios ao redor da área de Northumbria:

Osbald morreu en 799 e foi enterrado en York Minster.

Notas editar

  1. «Osbald». Catholic Encyclopedia (en inglés). Nueva York: Robert Appleton Company. 1913. OCLC 1017058.Modelo:CathEncy

Véxase tamén editar

Bibliografía editar