Os derradeiros días de Nova París
Os derradeiros días de Nova París (inglés: The Last Days of New Paris) é unha novela curta de fantasía do escritor británico China Miéville. Está ambientada nunha historia alternativa na que os artistas do surrealismo se uniron aos partisanos en París para loitar contra os nazis.[1]
Os derradeiros días de Nova París | |
---|---|
Título orixinal | The Last Days of New Paris |
Autor/a | China Miéville |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Del Rey Books |
Data de pub. | 2016 |
Primeira edición galega | |
Tradución | Inma Pérez |
Editorial | Boadicea Editora |
Data de pub. | 2024 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarA trama principal narra a historia de Thibaut, un cidadán parisiense nun 1950 alternativo no que a segunda guerra mundial aínda continúa. Xunto con Sam, un fotógrafo, loita contra as forzas de ocupación nazis nun territorio dominado por manifestacións da arte surrealista que cobraron vida.[2]
Capítulos alternos contan a viaxe de Jack Parsons, un enxeñeiro e ocultista estadounidense, a un grupo de artistas surrealistas, entre os que se atopa André Breton, na Marsella do 1941.[2]
Traducións
editar- Os derradeiros días de Nova París (2024). Tradución directa ao galego de Inma Pérez. Boadicea Editora.[2]
Notas
editar- ↑ "Book review: The Last Days of New Paris – a surreal masterpiece". South China Morning Post (en inglés). 2016-08-22. Consultado o 2024-03-03.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Os derradeiros días de Nova París". Boadicea. Consultado o 2024-03-03.