Os Trasnos de Moscoso

grupo musical galego

Os Trasnos de Moscoso, é un grupo galego de hip hop.

Os Trasnos de Moscoso
OrixeMoscoso, Galicia
Período2003 - ?
Xénero(s)Hip hop
Selo(s) discográfico(s)A Regueifa Plataforma
MembrosGordo, Malvares, Mon, Che
Na rede
http://www.ostrasnosdemoscoso.com
MySpace: ostrasnosdemoscoso Musicbrainz: 3d6ea7cc-67f9-4442-b7c7-f5cb0b73c784 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi creado no ano 2003 por Malvares,[1] Gordo e Che, tres rapaces de Moscoso (Pazos de Borbén).[2]Na formación, os dous primeiros encargábanse das voces e Che actuaba como produtor musical. No ano 2004 debutan en directo e comezan a dar concertos pola provincia de Pontevedra. Nesa etapa úneselles Mon, un rapaz de Redondela que pasará a realizar o traballo de Dj. Con catro membros, o grupo configura o seu núcleo estábel, e xa a mediados do 2005 deixan os concertos para centrarse na gravación do seu primeiro traballo, que lles levou uns nove meses, cuns medios moi limitados.

En maio de 2006 sacan a súa primeira maqueta Denominación de orixe: Rap do país, ofrecida gratuitamente na súa páxina web. Nas voces colaborará Quinho, un rapaz con raíces en Moscoso pero criado no Brasil.

A partir dese momento volven a dar concertos por toda a Galiza. No outono do 2006 quedan terceiros no certame Gzcrea, feito que lles dá certa popularidade e posibilita que entren na Rede Galega de Música ao Vivo 2007, tocando en moitos locais por todo o país. Algúns meses despois o netlabel A Regueifa Plataforma reedita en formato dixital o seu traballo.

A actitude d'Os Trasnos de Moscoso como grupo de hip hop achégase á filosofía doutros grupos e colectivos contemporáneos, como Dios ke te crew. Algunhas das súas características son o compromiso co idioma, o cuestionamento do clásico espazo urbano do rap, e a renuncia a determinados tópicos da escena hip hop internacional. Tamén hai unha certa reivindicación da lingua popular fronte ás esixencias normativas.

Discografía editar

Notas editar

  1. "MALVARES DE MOSCOSO (Vigo)". Vociferio (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  2. "OS TRASNOS DE MOSCOSO: "COMEZAMOS IMPROVISANDO CANDO ESTABAMOS DE BOTELLON"" (PDF). lingua.gal. Archived from the original on 16 de xullo de 2019. Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  3. "Os Trasnos de Moscoso presentan "Casa da Joaquina"". Galiciaflow (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-16. 
  4. "Os Trasnos de Moscoso". www.gzmusica.com. Consultado o 16 de xullo de 2019. 

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar