Os Castros de Torre

poboado fortificado en Bascoi, Mesía

Coordenadas: 43°07′32″N 8°13′41″O / 43.125555555556, -8.2280555555556

Os Castros de Torre é un poboado castrexo situado no lugar de Tamarín na parroquia de Bascoi, (Mesía).

Os Castros de Torre
ParroquiaBascoi
ConcelloMesía
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15047017
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de ferro
Data da descuberta1988
Estado actualRegular
Extensión estimada0,8 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

O xacemento está formado por un único recinto, inda que sería posible que houbera un antecastro. O recinto principal é duns 65 metros no eixo L-O e está defendido por un parapeto de ata 3 metros de altura e un foxo. Na zona N-O aprécisase que puido haber un segundo parapeto[1].

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

Conservación editar

Está rodeado por unha pista que corta parcialmente o terraplén oriental. Os labores agrícolas e o achanzamento da zona ocultan os dous parapetos e o foxo que no ano 1988, cando se describiu, se apreciaban[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar