Os Castros, Viveiro

poboado fortificado en San Pedro de Viveiro, Viveiro

O castro dos Castros é un castro situado na parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello lugués de Viveiro.

Os Castros, Viveiro
ParroquiaSan Pedro de Viveiro
ConcelloViveiro
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

editar

Consta dun recinto fortificado situado nunha zona chá de aba de monte. O asentanmento é un pequeno recinto circular rodeado por unha muralla de pedra en todo o seu perímetro. Complétase o sistema defensivo cun foxo que defende o recinto principal polo lado oeste. O resto do seu contorno atópase rodeado por unha pronunciada pendente.

Arqueoloxía

editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.