Farinxe

tubo musculoso que conecta o nariz e a boca coa traquea e o esófago
(Redirección desde «Orofarinxe»)

A farinxe é un tubo musculoso situado no pescozo e revestido dunha membrana mucosa; conecta o nariz e a boca coa traquea e o esófago. Pola farinxe pasan tanto o aire coma os alimentos, polo que forma parte tanto do aparello dixestivo coma do aparello respiratorio. No home mide uns trece centímetros, estendido desde a base externa do cranio ata a 6ª ou 7ª vértebra cervical, situándose diante da columna vertebral.

Farinxe
Gray's pág.1141
MeSH Pharynx

Partes da farinxe

editar

Farinxe superior: tamén se chama nasofarinxe ou rinofarinxe ó arrincar da parte posterior da cavidade nasal. O teito da farinxe situado na nasofarinxe chámase cavum, onde se atopan as amígdalas farínxeas ou adenoides. A nasofarinxe está limitada por diante polas coanas das fosas nasais e por abaixo polo veo do padal. A ambos os dous lados presenta o orificio que pon en contacto o oído medio coa parede lateral da farinxe a través da Trompa de Eustaquio. Detrás deste orificio atópase un receso farínxeo chamado fosita de Rosenmüller. Na parede posterior da nasofarinxe apréciase o relevo do arco anterior do Atlas ou primeira vértebra cervical.

Farinxe media: tamén se chama orofarinxe ou bucofarinxe porque por diante se abre á boca ou cavidade oral a través do istmo das fauces. Por arriba está limitada polo veo do padal e por abaixo pola epiglote. Na orofarinxe atópanse as amígdalas palatinas, entre os piares palatinos anterior ou glosopalatino e posterior faringopalatino.

Farinxe inferior: tamén se chama hipofarinxe ou laringofarinxe. Comprende as estruturas que rodean a larinxe por baixo da epiglote, como os seos piriformes e a canle retrocricoideo, ata o límite co esófago. No medio dos seos piriformes ou canles faringolarínxeos atópase a entrada da larinxe delimitada polos pregos aritenoepiglóticos.

Funcións da farinxe

editar

A farinxe intervén en importantes funcións como:

  • A deglutición: é o paso do bolo alimenticio desde a boca cara á farinxe. A este acto denomínaselle vulgarmente como comer (inxerir) e se se fai de forma compulsiva pode asociarse a danos na mucosa farínxea.
  • A respiración: por respiración xeralmente enténdese o proceso fisiolóxico indispensable para a vida dos organismos (adoita simplificarse en 'aeróbicos' e 'anaeróbicos').
  • A fonación: é o traballo muscular realizado para emitir sons intelixibles, é dicir, para que exista a comunicación oral.

Músculos da farinxe

editar

Enfermidades da farinxe

editar