Orencio Abalde Rodríguez

sindicalista e político galego

Orencio Abalde Rodríguez, nado en Vigo o 7 de marzo de 1907, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaOrencio Abalde Rodríguez
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1907 Editar o valor em Wikidata (117 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Membro da Sociedade de Cargadores e Descargadores de Carbón de Vigo da UGT a principios dos anos trinta, e membro da comisión encargada de negociar as condicións de traballo coa patronal. Foi un dos organizadores da asociación cultural La Victoria de Beade que coa República pasou a denominarse La Antorcha del Porvenir. En maio de 1932 foi elixido membro do Xurado mixto de transporte marítimo de Vigo.[1] En 1936 estivo con Rogelio Rodríguez, delegado do seu sindicato, no pleno local da UGT. Foi membro da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL), logo do congreso da CNT en Zaragoza de maio de 1936, uniuse con todo o seu sindicato á confederación onde se encargou de organizar os cargadores de carbón.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Lavadores e despois marchou ao monte. Na década de 1940 participou na CNT clandestina de Vigo, sendo un dos organizadores da evacuación de José Luís Quintas Figueroa na primavera de 1946. Nas redadas de 1947 conseguiu fuxir e marchou a Arxentina. En febreiro de 1963 pasou ó Brasil.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 21-5-1932, p. 12.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar