En socioloxía, a opresión é a relación asimétrica entre dúas partes, polo demais iguais: opresora e oprimida, que se orixina nunha desigual distribución e/ou uso do poder, que brinda beneficios ó opresor a expensas dos intereses ou a vontade do oprimido. A diferenciación entre clases de opresión podería ser posible atendendo á natureza do poder ou as partes involucradas na relación.

Caricatura de 1904 que mostra a un xudeu ruso que leva un gran vulto coa etiqueta «opresión» nas súas costas. No fondo, á dereita, arde unha comunidade xudía, e na esquina superior esquerda, Theodore Roosevelt fala co emperador de Rusia, Nicolao II: «Agora que tes paz por fóra, por que non quitas a súa carga e tes paz dentro das túas fronteiras?»

Opresión social

editar
 
Unha muller liberándose das súas cadeas, símbolo da loita contra a opresión.

A opresión social é cando un só grupo na sociedade se aproveita e exerce poder sobre outro grupo que usa o dominio e a subordinación.[1] Isto dá como resultado os malos tratos e a explotación socialmente sustentados dun grupo de individuos por parte de quen posúe un poder relativo.[2] Nunha contorna de grupo social, a opresión pode basearse en moitas ideas, como a pobreza, o xénero, a clase, a raza ou outras categorías. A opresión institucional, ou a opresión sistemática, é cando as leis dun lugar crean un tratamento desigual dun grupo ou grupos de identidade social específicos.[3] Outro exemplo de opresión social é cando a un grupo social específico négaselle o acceso á educación que pode obstaculizar as súas vidas na vida posterior.[4]

Opresión económica

editar

O termo opresión económica cambia de significado e importancia ó longo do tempo, dependendo da súa aplicación contextual. No contexto actual, a opresión económica pode tomar varias formas, incluíndo, entre outras: a práctica do traballo en condicións de servidume, traballo forzoso, baixos salarios, denegación de igualdade de oportunidades e discriminación laboral e discriminación económica baseado en sexo, nacionalidade, raza e relixión.[5]

  1. Political sociology : oppression, resistance, and the state. Sage. ISBN 9781452238081. OCLC 918559113. 
  2. Van Wormer, K., & Besthorn, F. H. (2010). Human behavior and the social environment, macro level: Groups, communities, and organizations. Oxford University Press.
  3. Cheney, Carol; LeFrance, Jeannie; Quinteros, Terrie (2006). "Institutionalized Oppression Definitions". Act for Action.
  4. Young, Iris (1990). Justice and the Politics of Difference. Princeton University Press. p. 1.
  5. Kirst-Ashman, K. K., & Hull, G. H. (2012). Understanding Generalist Practice. Belmont, CA: Brooks/Cole, Cengage Learning.