Abrir o menú principal

Opinións relixiosas de Adolf Hitler

Adolf Hitler arredor de 1933; fotografía de Heinrich Hoffmann.

As opinións relixiosas de Adolf Hitler teñen sido materia de debate. Con base no rexeitamento dos principios do cristianismo na súa adolescencia e nos seus esforzos en reducir a independencia e a influencia do cristianismo en Alemaña ao chegar ao poder, os principais biógrafos estudosos conclúen en cualificalo como opoñente do cristianismo. O historiador Laurence Rees non atopa evidencia de que Hitler, na súa vida persoal, teña expresado alguna crenza persoal nos principios básicos da igrexa cristiá.[1][2][3][4][5][6][7][8] Os comentarios de Hitler aos seus confidentes, descritos nos Diarios de Goebbels, nas memorias de Albert Speer e nas transcricións das conversacións privadas de Hitler por Martin Bormann en Hitler's Table Talk, son evidencias da súa postura contraria ao cristianismo; estas fontes recollen varios comentarios privados nos que Hitler ridiculiza a doutrina cristiá como absurda e socialmente destrutiva.[9][10][11][12][13][14]

Hitler, tentando atraer as masas alemás durante a súa campaña política e o seu mandato, fixo ás veces declaracións en apoio da relixión e en contra do ateísmo. Nun discurso afirmaba que o ateísmo (concepto que vinculaba ao comunismo e ao "materialismo xudeu") fora "eliminado", e prohibiu a Liga Alemá de Librepensadores. Hitler foi fillo dunha nai católica practicante, e foi bautizado e confirmado na Igrexa católica. No seu libro Mein Kampf e en discursos públicos afirmou unha crenza no cristianismo. Hitler e o partido nazi promoveron o "cristianismo positivo", un movemento que rexeitaba as doutrinas máis tradicionais do cristianismo, como a divindade de Xesús, así como os elementos percibidos como xudeus como o Antigo Testamento. Hitler sostivo que continuaba a crer nunha deiade activa e, nun discurso público, declarou que tiña a Xesús en moita consideración como un "guerreiro ario" que loitara contra o xudaísmo.

Mentres que un pequeno número de escritores aceptan estas declaracións públicas como expresións xenuínas da súa espiritualidade, a ampla maioría considera que Hitler era xeralmente escéptico no referente á relixión, pero sabía que só podería ser escollido de finxir un compromiso co cristianismo e a crenza nel.

Porén, xa no cargo, Hitler e o seu réxime buscaron reducir a influencia do cristianismo na sociedade alemá. Dende mediados da década de 1930 o seu goberno comezou a estar dominado por anticristiáns militantes como Bormann, Goebbels, Himmler, Rosenberg e Heydrich, aos quen Hitler nomeou en postos clave. Estes radicais foron xeralmente consentidos ou alentados para levar a cabo as persecucións ás igrexas e organizacións cristiás. O réxime levou a cabo un esforzo para coordinar os protestantes alemáns nunha Igrexa Protestante do Reich unificada (ao que se resistiu a Igrexa Confesante) e actuou con rapidez para eliminar o catolicismo político. Hitler asinou un concordato coa Santa Sé, mais ignorouno de xeito rutineiro e permitiu as perseción á Igrexa católica. Outras minorías relixiosas sufriron maior represión, como o exterminio dos xudeus de Alemaña con base na ideoloxía racial nazi. As Testemuñas de Xehová foron perseguidas sen descanso por rexeitar tanto o servizo militar como a adhesión ao movemento nazi. Hitler anticipaba un colapso do cristianismo ante os avances científicos, e que o nazismo e a relixión non poderían coexistir a longo prazo. Aínda que disposto a atrasar o conflito por motivos políticos, os historiadores conclúen que en última instancia buscar a destrución do cristianismo en Alemaña, ou canto menos a súa distorsión ou subxugación a unha perspectiva acorde co nacionalsocialismo.

Índice

NotasEditar

  1. Bullock, Alan (1991). Hitler: a Study in Tyranny. HarperCollins. p. 219. ISBN 9780060920203. Hitler had been brought up a Catholic and was impressed by the organisation and power of the Church... [but] to its teachings he showed only the sharpest hostility... he detested [Christianity]'s ethics in particular. (Hitler foi educado como católico e estaba impresionado pola organización e o poder da Igrexa... [aínda que] ás súas ensinanzas só amosaba a súa hostilidade... en particular detestaba a ética [cristiá]) 
  2. Kershaw, Ian (2008 ed). Hitler: a Biography. W.W. Norton & Company. pp. 295–297. ISBN 9780393067576. In early 1937 [Hitler] was declaring that "Christianity was ripe for destruction", and that the Churches must yield to the "primacy of the state", railing against any compromise with "the most horrible institution imaginable" (A comezos de 1937 [Hitler] declaraba que "o cristianismo estaba listo para a súa destrución", e que as igrexas debían ceder á "primacía do Estado", en contra de calquera acordo coa "institución máis horrible imaxinable") 
  3. Evans, Richard J. (2009). The Third Reich at War. Penguin Press. p. 547. ISBN 9781101021897.  Evans escribe que Hitler pensaba que Alemaña non podía tolerar a intervención de influencias foráneas como o papa e os "sacerdotes, que eran escaravellos negros, abortos en casullas negras". Evans sinala que Hitler consideraba o cristianismo como "indeleblemente xudeu en orixe e carácter" e como "prototipo do bolxevismo", que "violaba a lei da selección natural".
  4. Overy, Richard (2004). The Dictators: Hitler's Germany and Stalin's Russia. p. 281. ISBN 9780713993097. [Hitler's] few private remarks on Christianity betray a profound contempt and indifference (os poucos comentarios privados [de Hitler] sobre o cristianismo deixan ver un desprezo e unha indiferenza profundos). 
  5. Wilson, A. N. (2012). Hitler: A Short Biography. HarperPress. ISBN 9780007413492. Much is sometimes made of the Catholic upbringing of Hitler... it was something to which Hitler himself often made allusion, and he was nearly always violently hostile. "The biretta! The mere sight of these abortions in cassocks makes me wild!" (Faise demasiado da educación católica de Hitler... foi algo ao que o propio Hitler a miúdo facía alusión, e case sempre de xeito violentamente hostil. "A biretta! A mera visión deses abortos en sotanas ponme violento") 
  6. Rees, Laurence (2012). The Dark Charisma of Adolf Hitler. Ebury Press. p. 135. ISBN 9780091917630. There is no evidence that Hitler himself, in his personal life, ever expressed any individual belief in the basic tenets of the Christian church (Non hai evidencia de que o propio Hitler, na súa vida persoal, teña expresado alguna crenza persoal nos principios básicos da igrexa cristiá). 
  7. Hastings, Derek Keith (2010). Catholicism and the roots of Nazism: religious identity and national socialism. Oxford University Press. p. 181. ISBN 9780195390247. [...] there is little doubt that Hitler was a staunch opponent of Christianity throughout the duration of the Third Reich (hai pouscas dúbidas de que Hitler foi un firme opoñente do cristianismo durante o Terceiro Reich). 
  8. Goebbels, Joseph (1982). Taylor, Fred, ed. The Goebbels Diaries 1939–41. Hamish Hamilton Ltd. ISBN 0-241-10893-4. Na súa entrada do 29 de abril de 1941, Goebbels sinala longas discusións sobre o Vaticano e o cristianismo e escribe "The Fuhrer is a fierce opponent of all that humbug (o Führer é un feroz opoñente de toda esa farsa)". 
  9. Goebbels, Joseph (1982). Taylor, Fred, ed. The Goebbels Diaries 1939–41. Hamish Hamilton Ltd. p. 76. ISBN 0-241-10893-4. En 1939, Goebbels escribiu que o Führer sabía que "tería que chegar a un conflito entre a Igrexa e o Estado (have to get around to a conflict between church and state)", pero que ao mesmo tempo "o mellor xeito de tratar coas igrexas é aformar que se é un "cristián positivo" (The best way to deal with the churches is to claim to be a "positive Christian"). 
  10. Goebbels, Joseph (1982). Taylor, Fred, ed. The Goebbels Diaries 1939–41. p. 77. Goebbels escribiu o 29 de decembro de 1939 que "O Führer é profundamente relixioso, aínda que totalmente anticristián. Ve o cristianismo como un síntoma de corrupción. Correctamente. É unha póla da raza xudía. Isto pode verse nas semellanzas entre os seus ritos relixiosos. Ambos (o xudaísmo e o cristianismo) non teñen puntos de contacto co elemento animal e, por iso, finalmente serán destruídos (The Führer is deeply religious, though completely anti-Christian. He views Christianity as a symptom of decay. Rightly so. It is a branch of the Jewish race. This can be seen in the similarity of their religious rites. Both (Judaism and Christianity) have no point of contact to the animal element, and thus, in the end they will be destroyed)". 
  11. Goebbels, Joseph (1982). Taylor, Fred, ed. The Goebbels Diaries 1939–41. pp. 304–305. Nunha entrada do 8 de abril de 1941, Goebbels escribiu que "[Hitler] odia o cristianismo, porque ten mutilado todo o que é nobre na humanidade ([Hitler] hates Christianity, because it has crippled all that is noble in humanity)". 
  12. Goebbels, Joseph (1982). Taylor, Fred, ed. The Goebbels Diaries 1939–41. p. 340. Goebbels escribiu en abril de 1941 que aínda que Hitler era un "firme opoñente (a fierce opponent)" do Vaticano e do cristianismo, "prohíbeme deixar a igrexa, por razóns tácticas (he forbids me to leave the church. For tactical reasons)". 
  13. Cameron, Norman; Stevens, R. H.; Weinberg, Gerhard L.; Trevor-Roper, H. R. (2007). Hitler's Table Talk 1941-1944: Secret Conversations. Enigma Books. p. 48. O 14 de outubro de 1941, nunha entrada sobre o destino do cristianismo, Hitler dicía que "a ciencia non pode mentir, por estar sempre esforzándose, segundo o estado momentáneo do coñecemento, para descubrir que é certo. Cando comete un erro, faino de boa fe. É o cristianismo quen é mentiroso. Está en perpetuo conflito consigo mesmo' '(Science cannot lie, for its always striving, according to the momentary state of knowledge, to deduce what is true. When it makes a mistake, it does so in good faith. It's Christianity that's the liar. It's in perpetual conflict with itself)." 
  14. Cameron, Norman; Stevens, R. H.; Weinberg, Gerhard L.; Trevor-Roper, H. R. (2007). Hitler's Table Talk 1941-1944: Secret Conversations. Enigma Books. pp. 59–61. Os dogmas do cristianismo desgastaranse ante os avances da ciencia. A relixión terá que facer máis e máis concesións. Gradualmente os mitos véñense abaixo. Todo o que resta é probar que na natureza non hai fronteira entre o orgánico e o inorgánico. Cando a comprensión do universo sexa amplamanete difundida, cando a maioría dos homes coñezan que as estrelas non son fontes de luz senón mundos, seica mundos habitados como o noso, entón a doutrina cristiá estará condenada ao absurdo (The dogma of Christianity gets worn away before the advances of science. Religion will have to make more and more concessions. Gradually the myths crumble. All that's left is to prove that in nature there is no frontier between the organic and the inorganic. When understanding of the universe has become widespread, when the majority of men know that the stars are not sources of light but worlds, perhaps inhabited worlds like ours, then the Christian doctrine will be convicted of absurdity). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Angebert, Jean-Michel (1974). The Occult and the Third Reich. Macmillan. ISBN 978-0-02-502150-1. 
  • Baynes, Norman (1942). The Speeches of Adolf Hitler: April 1922-August 1939 1. New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-598-75893-4. 
  • Bullock, Alan (1991). Hitler: A Study in Tyranny. Abridged Edition. New York: Harper Perennial. ISBN 0-06-092020-3. 
  • Carrier, Richard (2003). "Hitler's Table Talk": Troubling Finds. German Studies Review 26. pp. 561–576. doi:10.2307/1432747. 
  • Davies, Norman (1996). Europe: A History. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-820171-7. 
  • Dawidowicz, Lucy (1986). The War Against the Jews: 1933-1945. Bantam. ISBN 978-0-553-34532-2. 
  • De George, Richard; Scanlan, James (1975). Marxism and religion in Eastern Europe: papers presented at the Banff International Slavic Conference, September 4–7, 1974. Dordrecht: D. Reidel. 
  • Fest, Joachim (1973). Hitler: Eine Biographie. Propyläen. ISBN 978-3-549-07301-8. 
  • Fest, Joachim (2002). Hitler. Harcourt. ISBN 978-0-15-602754-0. 
  • Goodrick-Clarke, Nicholas (1985). The Occult Roots of Nazism: The Ariosophists of Austria and Germany, 1890–1935. Wellingborough, England: The Aquarian Press. ISBN 978-0-85030-402-2. 
  • Gunther, John (1938). Inside Europe. New York: Harper & brothers. 
  • Hart, Stephen; Hart, Russell; Hughes, Matthew (2000). The German soldier in World War II. Osceola, Wisconsin: MBI. 
  • Hitler, Adolf (1926). Mein Kampf 2. 
  • Irving, David (1978). The War Path: Hitler's Germany, 1933–1939. New York: Viking Press. ISBN 978-0-670-74971-3. 
  • Kershaw, Ian (1987). The 'Hitler Myth': Image and Reality in the Third Reich. Oxford University Press. 
  • Kershaw, Ian (2000). Hitler, 1889–1936: Hubris. London: W. W. Norton & Company (publicado o 1999). ISBN 978-0-393-32035-0. 
  • Kershaw, Ian (2008). Hitler a Biography. W.W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-06757-6. 
  • Miner, Steven (2003). Stalin's Holy War. Chapel Hill: University of North Carolina Press. ISBN 978-0-8078-2736-9. 
  • Rissmann, Michael (2001). Hitlers Gott. Vorsehungsglaube und Sendungsbewußtsein des deutschen Diktators. Zürich München: Pendo. pp. 94–96. ISBN 978-3-85842-421-1. 
  • Sage, Steven (2006). Ibsen and Hitler: the playwright, the plagiarist, and the plot for the Third Reich. New York: Carroll & Graf. ISBN 978-0-7867-1713-2. 
  • Shirer, William (1960). The Rise and Fall of the Third Reich: A History of Nazi Germany. New York: Simon & Schuster. Consultado o 2008-04-28. 
  • Siemon-Netto, Uwe (1995). The Fabricated Luther: The Rise and Fall of the Shirer Myth. St. Louis: Concordia Publishing House. ISBN 978-0-570-04800-8. 
  • Speer, Albert (1997). Inside the Third Reich. Orion. ISBN 978-1-85799-218-2. 
  • Steigmann-Gall, Richard (2003). The Holy Reich: Nazi Conceptions of Christianity, 1919–1945. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-82371-5. 
  • Thomsett, Michael (1997). The German opposition to Hitler: the resistance, the underground, and assassination plots, 1938–1945. Jefferson, N.C.: McFarland. ISBN 978-0-7864-0372-1. 
  • Toland, John (1976). Adolf Hitler. Doubleday. ISBN 978-0-385-03724-2. 
  • Toland, John (1992). Adolf Hitler: The Definitive Biography. New York: Anchor. ISBN 978-0-385-42053-2. 
  • Westerlund, David; Ingvar, Svanberg (1999). Islam outside the Arab world. New York: St. Martin's Press. 
  • Zipfel, Friedrich (1965). Kirchenkampf in Deutschland 1933–1945. Berlin: Walter de Gruyter & Co. 
  • Cameron, Norman; Stevens, R. H. Stevens; Weinberg, Gerhard L.; Trevor-Roper, H. R. (2007). Hitler's Table Talk 1941-1944: Secret Conversations. New York: Enigma Books. ISBN 9781936274932. 

Ligazóns externasEditar