Open Archives Initiative

organización centrada no intercambio e valoración dos arquivos dixitais

A Open Archives Initiative ou OAI (en galego: Iniciativa de Arquivos Abertos) é unha organización que busca desenvolver e promover estándares de interoperabilidade co obxectivo de facilitar o intercambio de contidos e información dixitais.[1] Está financiada pola Digital Library Federation, a Coalition for Networked Information e a National Science Foundation.

Open Archives Initiative
AcrónimoOAI
Tipoorganización
Data de fundación1999
Na rede
https://openarchives.org/
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

En xullo de 1999, Paul Ginsparg, Rick Luce e Herbert van de Sompel invitaron a multitude de expertos a participar nunha reunión para explorar a posibilidade de cooperación entre os ficheiros dixitais de publicacións académicas.[2] A reunión, celebrada en outubro dese mesmo ano en Santa Fe (Novo México), foi patrocinada polo Council on Library and Information Resources (CLIR; "Consello de Bibliotecas e Recursos de Información"), a Digital Library Federation (DLF; "Federación de Bibliotecas Dixitais"), o Scholarly Publishing and Academic Resources Coalition (SPARC; "Coalición de Publicacións e Recursos Académicos"), a Association of Research Libraries (ARL; "Asociación de Bibliotecas de Investigación") e o Los Alamos National Laboratory (LANL). O seu resultado foi a creación da Open Archives Initiative.[3]

Obxectivos

editar

O obxectivo principal da OAI é contribuír de xeito concreto á transformación da comunicación académica. Para iso, propón a definición dos aspectos organizativos e técnicos de apoio para a publicación académica aberta, na cal poder establecer versións gratuítas e comerciais.[3] A OAI xurdiu como un esforzo para mellorar o acceso a arquivos de publicacións electrónicas (en inglés, e-prints) e incrementar a dispoñibilidade das obras científicas.[1] Os seus traballos iniciais centráronse na creación de marcos de compatibilidade para a federación de arquivos de e-prints; porén, estes marcos poden empregarse para o intercambio de múltiples formatos bibliográficos entres diferentes máquinas usando un protocolo común. Xa que logo, a súa utilidade vai para alén das súas aplicacións orixinais. Neste sentido, a OAI non é só un proxecto centrado nas publicacións científicas, senón tamén na comunicación de metadatos sobre calquera material en soporte electrónico.[4]

O principal produto da OAI é o protocolo de recollida de metadatos da Open Archives Initiative (OAI-PMH), un protocolo de recollida de contidos para a interoperabilidade e o intercambio de información entre dispositivos dixitais, así como un marco para a recuperación e agregación de metadatos de múltiples repositorios.[1]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar