OpenSCAD é unha aplicación multiplataforma de código aberto e libre para a creación e edición de obxectos sólidos tridimensionais, ou 3D.[1] Permite crear deseños 3D de obxectos xeométricos e texto e modificar o seu tamaño en calquera momento da edición xa que o renderizado dos obxectos se fai despois dunha compilación dos scripts.[2]

OpenSCAD
OpenSCAD 2015.03
Desenvolvedor(es)Marius Kintel, Clifford Wolf
Última versión02/03/2015 (estable)
(8/02/2017 (última de desenvolvemento))
Repositoriogithub.com/openscad/openscad
Escrito enC++ e Qt, CGAL, OpenCSG e OpenGL
Sistema operativoLinux/UNIX, Windows, Mac OS X, FreeBSD, NetBSD e OpenBSD
Plataforma/sIA-32, x64
Lingua/sEn 7 linguas
Galego: Non Non
TipoCAD
LicenzaGPL v2
Sitio webopenscad.org

Proporciona unha técnica de modelaxe creando sólidos xeométricos CSG e outra baseada en extruír liñas 2D. Os deseños poden ser exportados en formato 2D como AutoCAD DXF. As curvas 2D poden ser extruídas dende formatos DXF. Os ficheiros DXF de OpenSCAD poden ser lidos e crear modelos 3D en formatos STL e OFF.

A aplicación pode integrarse con FreeCAD como espazo de traballo.[3][4]

Notas editar

  1. openscad.org (eds.). "About OpenSCAD". Consultado o 23/01/2017. 
  2. thingiverse.com (eds.). "Jumpstart: OpenSCAD". Arquivado dende o orixinal o 20/05/2019. Consultado o 23/01/2017. 
  3. freecadweb.org (eds.). "OpenSCAD Module". Consultado o 23/01/2017. 
  4. freecadweb.org (eds.). "Import OpenSCAD code". Consultado o 23/01/2017.