FreeCAD é unha aplicación de código aberto e libre para o deseño por ordenador en tres dimensións.[1][2] É un programa semellante no xeito de traballar a CATIA, Creo, Autodesk Inventor, SolidWorks, TopSolid ou Solid Edge. Funciona cunha modelaxe paramétrica e ten unha arquitectura de software modular, no que se poden engadir de xeito doado máis aplicacións e elementos sen trocar o núcleo do sistema. Está programado en C++, emprega varias librarías de Python e ten unha interface construída con Qt.[2][3] A versión 0.17 xa é en galego.

FreeCAD


Instancia deprograma de deseño asistido por ordenador, software libre e de código aberto, solid modeling (en) Traducir e software libre Editar o valor en Wikidata
Usográficos 3D por ordenador Editar o valor en Wikidata
LicenzaGNU Library General Public License, version 2.0 or later (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Sistema operativoLinux, Microsoft Windows, UNIX e macOS Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC++ e Python Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUQt Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Publicación2002 Editar o valor en Wikidata
Creación29 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBfreecad.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: FreeCAD Twitter: FreeCADNews GitHub: FreeCAD Editar o valor en Wikidata
Manualwiki.freecad.org… Editar o valor en Wikidata
Repositoriogithub.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

O proxecto foi iniciado en 2002 por dous enxeñeiros alemáns, Jürgen Riegel e Werner Mayer,[4] empregando como base o núcleo de OpenCASCADE.[2]

Descrición

editar

A contra dos programas en dúas dimensións de CAD analíticos coma LibreCAD, AutoCAD ou MicroStation, FreeCAD é un CAD de deseño paramétrico xa que emprega parámetros (características propias do deseño) para definir os límites ou accións. En deseño paramétrico cada elemento do debuxo (elementos como muros, portas, fiestras ou parafusos) trátase como un obxecto. Este obxecto, a diferenza doutros programas de CAD, está definido polas súas coordenadas espaciais (nos eixos x, y, z) e outros parámetros que definen características destes, ben gráficas ben funcionais. As bases de datos relacionadas co obxecto fan que esta aplicación teña un enfoque semellante a BIM. Contén o ciclo de vida completo do produto, indo dende o deseño ata a edificación ou fabricación.

Esta aplicación emprega formatos de ficheiros DXF, SVG, STEP, IGES, IFC, OBJ, STL, DAE ou OFF, NASTRAN, VRML e o seu formato nativo Fcstd.[5]

Versións

editar
Versión Data Información
0.0.1 29/10/2002 Lanzamento de FreeCAD
0.1 27/01/2003
0.2 09/08/2005
0.3 31/10/2005
0.4 15/01/2006
0.5 05/10/2006
0.6 27/02/2007
0.7 24/04/2009
0.8 10/07/2009
0.9 16/01/2010
0.10 24/07/2010
0.11[6] 03/05/2011
0.12[7] 20/11/2011
0.13[8] 29/01/2013
0.14[9] 01/07/2014 Cambio a licenza LGPLv2+
0.15[10] 08/04/2015 Soporte Oculus Rift
0.16[11] 18/04/2016 Versión estable
0.17 release FreeCAD (0.17.13509)[12] 10 de abril de 2018 Versión en galego
0.18 Sen data En desenvolvemento

Galería de imaxes

editar
  1. freecadweb.org (eds.). "About FreeCAD". Consultado o 15/01/2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Github.com (eds.). "FreeCAD en Github". Consultado o 15/01/2018. 
  3. "FreeCAD Developer Hub". The FreeCAD source code. Consultado o 15/01/2018. 
  4. Daniel, Falck; Collette, Brad (13 de outubro de 2012). Packt Publishing, eds. FreeCAD [How To]. p. 70. ISBN 978-1-84951-886-4. 
  5. freecadweb.org (eds.). "FreeCAD". Feature list. Consultado o 15/01/2018. ... Importación/exportación a formátos estándares como STEP, IGES, OBJ, STL, DXF, SVG, STL, DAE, IFC or OFF, NASTRAN, VRML ademais do formato nativo de FreeCAD, o formato de ficheiros Fcstd. 
  6. freecadweb.org (eds.). "Release notes 0.11". Arquivado dende o orixinal o 07/05/2019. Consultado o 15/01/2018. 
  7. freecadweb.org (eds.). "Release notes 0.12". Arquivado dende o orixinal o 30/07/2018. Consultado o 15/01/2018. 
  8. freecadweb.org (eds.). "Release notes 0.13". Arquivado dende o orixinal o 30/07/2018. Consultado o 15/01/2018. 
  9. freecadweb.org (eds.). "Release notes 0.14". Arquivado dende o orixinal o 30/07/2018. Consultado o 15/01/2018. 
  10. freecadweb.org (eds.). "Release notes 0.15". Arquivado dende o orixinal o 26/01/2017. Consultado o 15/01/2018. 
  11. freecadweb.org (eds.). "Release notes 0.16". Arquivado dende o orixinal o 07/05/2019. Consultado o 15/01/2018. 
  12. FreeCAD 0.17

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar