Onoda, 10.000 noites na xungla

filme de 2021 dirixido por Arthur Harari

Onoda, 10.000 noites na xungla[10] (ONODA 一万夜を越えて Onoda: Ichimanya o Koete?); en francés: Onoda, 10 000 nuits dans la jungle,[1] é un filme de 2021 dirixido por Arthur Harari e escrito por Vincent Poymiro, coa colaboración de Bernard Cendron. Está libremente inspirado no libro sobre a vida de Hiroo Onoda.[2] É unha coprodución internacional entre Francia, o Xapón, Alemaña, Bélxica, Italia e Camboxa.[1][2][5]

Onoda, 10.000 noites na xungla
Ficha técnica
Título orixinalONODA 一万夜を越えて
Onoda: Ichimanya o Koete
DirectorArthur Harari
ProdutorNicolas Anthomé
Guión
  • Arthur Harari
  • Vincent Poymiro
  • Bernard Cendron (colaboración)
Intérpretes
Música
  • Sebastiano De Gennaro
  • Enrico Gabrielli
  • Andrea Poggio
  • Gak Sato
  • Olivier Marguerit
FotografíaTom Harari
MontaxeLaurent Sénéchal
Estudio
  • Bathysphere
  • TBC
Distribuidora
  • Le Pacte (Francia)[1][2]
  • Imagine (Bélxica)[3]
  • Elephant House (Xapón)[4]
  • REM (Alemaña)[5]
EstreaFestival de Cannes: 7 de xullo de 2021[6]
Francia 21 de xullo de 2021[1]
Duración167 minutos[1][5][7]
Orixe Xapón
Francia
Alemaña Alemaña
Bélxica Bélxica
Italia Italia
Camboxa[1][2][5]
XéneroDrama e aventuras
Recadación193 000 dólares[8]–261 000 dólares[9] (Francia)
Na rede
IMDB: tt9844938 Filmaffinity: 330276 Allocine: 259606 Rottentomatoes: m/onoda_10000_nights_in_the_jungle Metacritic: movie/onoda-10000-nights-in-the-jungle Editar o valor em Wikidata

O filme está protagonizado por Yuya Endo no papel de Onoda, un soldado xaponés que se negou a crer que a segunda guerra mundial rematara e continuou loitando nunha remota illa de Filipinas até o ano 1974.[11] Está particularmente inspirado na biografía de 1974 de Cendron e Gérard Chenu Onoda, seul en guerre dans la jungle, nos arquivos de Cendron e nas conversas de Harari con el. Non se basea nas propias memorias de Onoda, e Harari considera o filme como unha ficción máis ca un filme biográfico.[2]

Personaxes editar

  • Yuya Endo como Hiroo Onoda de mozo
  • Kanji Tsuda como Hiroo Onoda de vello
  • Yuya Matsuura como Kinshichi Kozuka de mozo
  • Tetsuya Chiba como Kinshichi Kozuka de vello
  • Shinsuke Kato como Shimada
  • Kai Inowaki como Akatsu
  • Issey Ogata como Maior Taniguchi
  • Taiga Nakano como Norio Suzuki
  • Nobuhiro Suwa como Tanejirō Onoda
  • Mutsuo Yoshioka como Capitán Hayakawa
  • Tomomitsu Adachi como Segundo Kuroda
  • Kyusaku Shimada como Tenente Suehiro
  • Angeli Bayani como Iniez
  • Jemuel Cedrick Satumba como prisioneiro filipino[2]

Estrea editar

O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes o 7 de xullo de 2021.[12][13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Onoda". Le Pacte. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Onoda: 10 000 Nights in the Junglepress kit" (PDF). Le Pacte. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  3. "Films - Onoda". Imagine Film Distribution. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  4. "ONODA 一万夜を越えて". Elephant House. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "— Onoda – 10.000 Nächte im Dschungel". Rapid Eye Movies. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  6. "74e Festival international du Film de Cannes screenings guide" (PDF). Festival de Cinema de Cannes. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  7. "Onoda: 10000 Nights In The Jungle". BBFC. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  8. "Onoda: 10,000 nuits dans la jungle (2021) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 5 de marzo de 2022. $193,238 
  9. "Onoda: 10,000 Nights in the Jungle". Box Office Mojo. Consultado o 5 de marzo de 2022. $260,782 
  10. numax.org (ed.). "Onoda, 10.000 noites na xungla en NUMAX". Consultado o 5 de maio de 2022. 
  11. "Onoda - 10 000 Nights in the Jungle (Onoda, 10 000 nuits dans la jungle)". Cineuropa. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  12. "Onoda – 10&nsb;000 Nights In The Jungle by Arthur Harari Opening Un Certain Regard 2021". Festival Internacional de Cinema de Cannes. 14 de xuño de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  13. Ramachandran, Naman (14 de xuño de 2021). "Cannes: 'Onoda – 10 000 Nights In The Jungle' to Open Un Certain Regard Section". Variety. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2022.