Oniscus asellus
Oniscus asellus porquiño de santo Antón | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Porquiño de santo Antón (Oniscus asellus) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Oniscus asellus' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Sinonimia [1] | |||||||||||||||||
|
Oniscus asellus, coñecido polo nome de porquiño de santo Antón común, é a especie de isópodo máis común e de maiores dimensións con distribución natural no oeste e centro de Europa. Os espécimes adultos crecen até os 16 mm de longo e os 6 mm de largo.
Distribución
editarOniscus asellus é a especie de porquiño de santo Antón con maior distribución natural no continente europeo, tanto desde o punto de vista xeográfico como ecolóxico.[2] Non se estende pola conca do Mediterráneo, mais é abundante no norte e oeste de Europa, estendéndose até o nordeste até Ucraína. Está presente nos arquipélagos macaronésicos dos Açores e Madeira e foi introducido amplamente na rexión das América do Norte e do Sur.[1]
Ecoloxía
editarA especie Oniscus asellus dáse nunha vasta gama de hábitats, incluíndo algúns extremamente pobres en calcio. Aparece con maior frecuencia sobre pedras e madeira en descomposición.[2] É o único porquiño de santo Antón que aparece normalmente en turbeiras e uceiras, onde se instala en torno a madeira en descomposición, como postes e valados.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Helmut Schmalfuss (2003). "World catalog of terrestrial isopods (Isopoda: Oniscidea) – revised and updated version" (PDF). Stuttgarter Beiträge zur Naturkunde, Serie A 654. pp. 341 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 18 de xuño de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Paul T. Harding & Stephen L. Sutton (1985). Woodlice in Britain and Ireland: distribution and habitat (PDF). Abbots Ripton, Huntingdon, Institute of Terrestrial Ecology. p. 151. ISBN 0-904282-85-6.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oniscus asellus |