Onde viven os monstros

libro infantil de 1963 escrito por Maurice Sendak

Onde viven os monstros[1] (en inglés: Where the Wild Things Are) é un libro infantil de ilustracións obra do escritor e ilustrador estadounidense Maurice Sendak, orixinalmente publicado por Harper & Row en 1963. O libro foi adaptado en numerosas ocasións a diferentes medios, incluíndo unha curtametraxe animada en 1973 (que foi actualizada en 1988); unha ópera de 1980 ou filme homónimo de 2009 dirixido por Spike Jonze. No ano 2009, o libro vendera máis de 19 millóns de copias en todo o mundo, dos cales 10 millóns corresponden a exemplares vendidos nos Estados Unidos de América.[2] Sendak gañou a Medalla Caldecott anual dos bilbiotecarios infantís en 1964, que recoñeceron Onde viven os monstros como o "máis distinguido libro de ilustracións estadounidense para nenos" do ano anterior.[3]

Onde viven os monstros
Título orixinalWhere the Wild Things Are
Autor/aMaurice Sendak
Ilustrador/aMaurice Sendak
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónTras os montes
Xénero(s)Literatura infantil
Editorial Harper & Row
Galicia Kalandraka
Data de pub. 9 de abril de 1963
Galicia 2000
Páxinas48 (gl)
ISBNISBN 0-06-025492-0 (en)
ISBN 84-95123-75-4 (gl)
TraduciónXosé Manuel González Barreiro
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Xosé Manuel González Barreiro e publicada por Kalandraka no ano 2000.[1][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Onde viven os monstros. Traducido por Xosé Manuel González Barreiro (1ª ed.). Pontevedra: Kalandraka. 2000. ISBN 84-95123-75-4 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Turan, Kenneth (16 de outubro de 2009). Los Angeles Times, ed. "'Where the Wild Things Are'". Consultado o 12 de febreiro de 2012. 
  3. Association for Library Service to Children (ed.). "Caldecott Medal & Honor Books, 1938-Present". American Library Association. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
      Association for Library Service to Children (ed.). "The Randolph Caldecott Medal". American Library Association. Consultado o 27 de maio de 2009. 
  4. Kalandraka (ed.). ""Onde viven os monstros" en Kalandraka". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2017. Consultado o 14 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar