Onde viven os monstros (filme)

Onde viven os monstros (en inglés: Where the Wild Things Are) é un filme fantástico dirixido por Spike Jonze que foi estreado no 2009. É unha adaptación do libro infantil de 1963 de Maurice Sendak do mesmo nome. Combina acción en vivo, acuacións con disfraces, animatrónica, e imaxe xerada por computador (CGI). Está protagonizado por Max Records, e polas voces de James Gandolfini, Paul Dano, Lauren Ambrose, Forest Whitaker, Catherine O'Hara e Chris Cooper. A historia céntrase nun neno solitario de nove anos chamado Max que navega cara unha illa habitada por monstros ("Wild Things") que declaran rei a Max.

Onde viven os monstros
Ficha técnica
Título orixinalWhere the Wild Things Are
DirectorSpike Jonze
ProdutorTom Hanks
Gary Goetzman
Maurice Sendak
John B. Carls
Vincent Landay
GuiónSpike Jonze
Dave Eggers
Baseado enOnde viven os monstros de Maurice Sendak
IntérpretesMax Records
Lauren Ambrose
Chris Cooper
Paul Dano
James Gandolfini
Catherine O'Hara
Forest Whitaker
MúsicaKaren O
Carter Burwell
FotografíaLance Acord
MontaxeEric Zumbrunnen
EstudioLegendary Pictures
Village Roadshow Pictures
Playtone
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea2009
Duración104 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Australia Australia
XéneroFantástico
Orzamento$100 000 000[1]
Recadación$100 100 000[1]

O filme foi estreado o 16 de outubro de 2009 nos Estados Unidos, on 3 de decembro en Australia, e o 17 decembro en Alemaña. A súa acollida foi boa por parte da crítica e o seu lanzamento en DVD e Blu-ray fíxose o 2 de marzo de 2010. Foi estreado o 15 de abril do 2014 na TVG.

ArgumentoEditar

Max é un neno desobediente que é enviado á cama sen cear e que crea o seu propio mundo imaxinario: un lugar poboado por feroces monstros que o teñen a el como o seu xefe.

PersonaxesEditar

VocesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Where the Wild Things Are". Box Office Mojo. Consultado o 14 de novembro de 2009. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar