Olympus (satélite)

(Redirixido desde "Olympus F1")

Olympus, tamén coñecido como Olympus 1 e Olympus F1, foi un satélite de comunicacións experimental lanzado o 12 de xullo de 1989 mediante o último foguete Ariane 3 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][4][5]

Olympus / Olympus 1 / Olympus F1
TipoExperimental / Comunicacións
OrganizaciónAxencia Espacial Europea
Destino actualEn órbita cemiterio.[1]
Data de lanzamento12 de xullo de 1989, 00:14 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAriane 3[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[2][5]
NSSDC ID1989-053A
Masa2595 kg[4]
DimensiónsForma de caixa cunhas dimensións de 2,9 x 5,5 m[2]
Potencia3600 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior41859 km[1]
Inclinación14,8 graos[1]
Apoapse35.568,3 km[1]
Periapse35.407,8 km[1]

CaracterísticasEditar

A misión de Olympus foi probar varias novas tecnoloxías relacionadas coas comunicacións desde órbita e a emisión televisiva directa nas bandas acordadas pola Unión Internacional de Telecomunicacións en Xenebra en 1977.[1][2][4][5]

Olympus levaba a bordo catro cargas útiles de comunicacións, entre elas un sistema de emisión directa de televisión cun canal emitindo para Italia e outro para toda Europa, ambos funcionando a unha frecuencia de 12 GHz e podendo recibirse en antenas parabólicas cun mínimo de 45 cm de diámetro. Outro dos sistemas funcionaba a frecuencias de entre 12 e 14 GHz e foi usado para experimentos de conmutación, reúso de frecuencias, videoconferencia e distribución de datos. Un terceiro sistema traballaba na banda Ka, a entre 20 e 30 GHz, e ofrecía videoconferencia de punto a punto e multipunto, teleeducación e envío de datos a baixa velocidade. Un último sistema podía funcionar a 12, 20 ou 30 GHz e con el se fixeron experimentos de propagación.[2][4]

O satélite tiña forma de caixa cunhas dimensións de 2,9 x 5,5 m. Os paneis solares, unha vez estendidos, tiñan unha envergadura de 25,6 m e producían 3,6 kW de potencia.[2][4]

En xaneiro 1991, despois de case dous anos en órbita, un dos paneis solares deixou de funcionar, deixando ao satélite coa metade da potencia dispoñible. O 29 de maio dese mesmo ano un problema co sistema de control de actitude, xunto cunha serie de comandos incorrectos enviados desde terra, fixeron que Olympus comezara a xirar sobre si mesmo descontroladamente. O control do satélite non se retomou ata o 19 de xuño de 1992, despois de case gastar completamente o propelente de a bordo. De todos modos Olympus foi posto de novo en servizo o 7 de agosto de 1992. O 12 de agosto de 1993 perdeuse de novo o control do satélite, esta vez debido ao impacto dun micrometeorito da corrente das Perseidas. Retomar o control de novo practicamente esgotou as reservas de propelente. Sen posibilidade de ser posto de novo en servizo, Olympus foi enviado a unha órbita cemiterio e desconectado o 12 de agosto de 1993.[2][4][6]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "OLYMPUS 1" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (26 de agosto de 2014). "Olympus 1" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  3. Claude Lafleur (2010). "Olympus F1" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "Olympus F1" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "Olympus" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  6. "N° 40–1993: OLYMPUS: End of mission". ESA Press Releases. 26 de agosto de 1993. Consultado o 29 de novembro de 2015.