Sarah Caroline Olivia Colman, nada en Norwich o 30 de xaneiro de 1974,[1][2] é unha actriz inglesa, gañadora dun Oscar, catro premios da BAFTA, catro British Independent Film Awards e dous premios Globo de Ouro.

Olivia Colman
Nome completoSarah Caroline Colman
Nacemento30 de xaneiro de 1974
LugarNorwich
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
Educada enHomerton College, Bristol Old Vic Theatre School, Escola Gresham e Norwich High School for Girls
Profesiónactriz, humorista, actriz de teatro, actriz de cinema e filántropa
Na rede
IMDB: nm1469236 Allocine: 144248 Rottentomatoes: celebrity/olivia_colman Allmovie: p441585 TV.com: people/olivia-colman
Musicbrainz: 3ee7218b-23cb-4ef6-b3c2-e55dcfb2c089 Discogs: 665899 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Graduada Bristol Old Vic Theatre School, Colman acadou a popularidade polo seu traballo na televisión. Destacou como Sophie Chapman na serie de televisión Peep Show (2003–2015). Outros papeis cómicos en televisión inclúen Green Wing (2004–2006), Beautiful People (2008–2009), Rev. (2010–2014), Twenty Twelve (2011–2012) e Fleabag (2016). Tamén interpretou varios papeis en That Mitchell and Webb Look (2006–2008), xunto cos seus compañeiros de Peep Show David Mitchell e Robert Webb.

No cinema, Colman recibiu boas críticas pola súa interpretación no drama de Paddy Considine Tyrannosaur (2011).[3] Os outros grandes papeis inclúen Doris Thatcher en Hot Fuzz (2007), Carol Thatcher en The Iron Lady (2011), a raíña Isabel en Hyde Park on Hudson (2012), Bethan Maguire en Locke (2013), Margaret Lea en The Thirteenth Tale (2013) e a directora de hotel de The Lobster, de Yorgos Lanthimos (2015). A súa interpretación de Ana de Gran Bretaña en The Favourite (2018) valeulle múltiples premios, incluíndo o Oscar á mellor actriz.

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
2004 Terkel in Trouble Terkel's Mother Voz; dobraxe en inglés
2005 Zemanovaload TV Producer
One Day Ian's Mother Curtametraxe
2006 Confetti Joanna Roberts
2007 Hot Fuzz PC Doris Thatcher
Grow Your Own Alice
I Could Never Be Your Woman Hairdresser
Dog Altogether Anita Curtametraxe
2009 Le Donk & Scor-zay-zee Olivia
2011 Tyrannosaur Hannah
Arrietty Homily Voz; dobraxe británica
The Iron Lady Carol Thatcher
2012 Hyde Park on Hudson Raíña Isabel
2013 I Give It a Year Linda
Locke Bethan Maguire Voz
2014 Cuban Fury Sam Garrett
Pudsey the Dog: The Movie Nelly the Horse Voz
Thomas & Friends: Tale of the Brave Marion Voz; dobraxe en inglés
The Karman Line Sarah
2015 The Lobster Directora de hotel
Thomas & Friends: Sodor's Legend of the Lost Treasure Marion Voz; dobraxe en inglés
London Road Julie
2017 Asasinato no Orient Express Hildegarde Schmidt
2018 The Favourite Raíña Ana
The British Airways Safety Video Ela mesma
2019 Them That Follow Hope

Notas editar