Fleabag

serie de televisión británica

Fleabag é unha serie de televisión británica creada, escrita e protagonizada por Phoebe Waller-Bridge, baseada nun monólogo seu que comezou a representar en 2013. Producida por Two Brothers Pictures e emitida por BBC Three e Amazon Prime Video,[1][2] consta de dúas tempadas con cadanseus seis capítulos. Estreouse o 21 de xullo de 2016 en BBC Three. O derradeiro episodio da segunda tempada emitiuse o 8 de abril de 2019.[3] A serie acadou seis Emmy e onze candidaturas dos Premios Emmy do ano 2019, entre os que destacan á mellor comedia, á mellor actriz en serie de comedia e ao mellor guión, por Phoebe Waller-Bridge.[4][5]

Fleabag

Logo da serie.
FormatoSerie de televisión
Creado porPhoebe Waller-Bridge
Dirixido porHarry Bradbeer
Tim Kirkby (episodio piloto)
IntérpretesPhoebe Waller-Bridge
Sian Clifford
Andrew Scott
País de orixeReino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios12
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Phoebe Waller-Bridge
Harry Williams
Jack Williams
Harry Bradbeer (tempada 2)
Lydia Hampson (tempada 2)
Joe Lewis (tempada 2)
Duración23–28 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC Three (tempada 1)
BBC One (tempada 2)
Primeiro episodio21 de xullo de 2016
Derradeiro episodio8 de abril de 2019
Na rede
https://www.amazon.com/gp/video/detail/B07QGKM68X/ref=atv_dp_season_select_atf/ref=dvm_us_aos_soc_flbg_tw_or_33
IMDB: tt5687612 Filmaffinity: 844145 Allocine: 20611 Rottentomatoes: tv/fleabag Metacritic: tv/fleabag TV.com: shows/fleabag
Facebook: fleabag Twitter: fleabag Instagram: bbcfleabag Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

Fleabag é unha moza londiniense directa, vital e inconformista que pasa por unha crise despois de perder a súa mellor amiga coa que montara unha cafetaría. Con diálogo co espectador, o personaxe amósanos dende o seu punto de vista a súa inestábel e frenética vida sexual e amorosa, e as complicación relacións coa súa familia.[6][7]

Elenco e personaxes editar

Principais editar

Recorrentes editar

  • Olivia Colman como a madriña de Fleabag e Claire, quen comeza unha relación co seu pai pouco despois da morte súa nai e posteriormente se converte na súa madrasta.
  • Bill Paterson como pai de Fleabag e Claire.
  • Brett Gelman como Martin, o home de Claire.
  • Hugh Skinner como Harry, o ex mozo de Fleabag.
  • Hugh Dennis como xerente do banco.
  • Ben Aldridge como un dos amantes de Fleabag.
  • Jenny Rainsford como Boo, a mellor amiga e socia de negocios de Fleabag.
  • Angus Imrie como Jake, o fillo adolescente de Martin e fillastro de Claire.

Convidados editar

  • Jamie Demetriou como un dos amantes de Fleabag (tempada 1).
  • Fiona Shaw como como conselleira de Fleabag (tempada 2).
  • Kristin Scott Thomas como Belinda, unha exitosa muller de negocios que coñece a Fleabag nunha entrega de premios presentada por Claire (tempada 2)
  • Ray Fearon como avogado e amante de Fleabag (tempada 2).
  • Christian Hillborg como Klare, compañeiro finés de traballo e amante de Claire (tempada 2).
  • Jo Martin como Pam, que traballa na igrexa do cura (tempada 2).

Tempadas editar

Tempada Capítulos Data de comezo Data de finalización
1 6 21 de xullo de 2016 25 de agosto de 2016
2 6 4 de marzo de 2019 8 de abril de 2019

Notas editar

  1. Martinson, Jane (11 de decembro de 2016). "Brothers behind TV shows Fleabag and The Missing: ‘It doesn’t stop. That’s good’". The Guardian. ISSN 0261-3077. 
  2. National Public Radio (npr.org) (ed.). "'Fleabag' And 'Killing Eve' Creator Phoebe Waller-Bridge Is Full Of Surprises". Consultado o 5 de abril de 2020. 
  3. VanArendonk, Kathryn (23 de maio de 2019). "Fleabag Breaks the Fourth Wall and Then Breaks Our Hearts". Consultado o 5 de abril de 2020. 
  4. Sandoval, Pablo Ximénez de (23 de setembro de 2019). "‘Fleabag’ hace sombra a la despedida de ‘Juego de tronos’ en los Emmy". El País. ISSN 1134-6582. 
  5. "Nominees / Winners 2019". Consultado o 8 de abril de 2020. 
  6. VanArendonk, Kathryn (23 de maio de 2019). "Fleabag Breaks the Fourth Wall and Then Breaks Our Hearts". Consultado o 7 de abril de 2020. 
  7. Jones, Ellen E. (20 de abril de 2019). "Fleabag is a work of undeniable genius. But it is for posh girls". The Guardian. ISSN 0261-3077. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar