Oleguer Presas

futbolista catalán

Oleguer Presas Renom, nado en Sabadell o 2 de febreiro de 1980, é un exfutbolista catalán. Xogou como defensa no Fútbol Club Barcelona e no Ajax Ámsterdam.

Infotaula de personaOleguer Presas

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1980 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Peso82 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol , escritor , economista , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoCandidatura d'Unitat Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Número deportivo23 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1999-2001 Unió Deportiva Atlètica Gramenet 41(2)
2001-2002 Futbol Club Barcelona 34(0)
2001-2003 FC Barcelona B 74(2)
2003-2008 Futbol Club Barcelona 127(1)
2008-2011 AFC Ajax 36(2) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2004-2009   Cataluña 6(0) Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1767975 UEFA: 61530 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Comezos

editar

Comezou a súa carreira futbolística xogando no Lepanto, un club da súa cidade natal, Sabadell. Posteriormente, fichou pola CE Sant Gabriel para incorporarse, na tempada 1997/98 á UDA Gramanet "B". Na tempada 1998/99 debutou no primeiro equipo do conxunto de Santa Coloma de Gramanet, na Segunda división B española de fútbol. Foi, a pesar da súa mocidade, un dos líderes do equipo que, durante tres anos consecutivos loitou por ascender, sen éxito, á Segunda División do fútbol español. Ademais, é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Fútbol Club Barcelona

editar

Na tempada 2001/02, con 21 anos, fichou polo FC Barcelona "B", onde estivo dúas tempadas e media sendo titular nalgunhas ocasións. Debutou como xogador do FC Barcelona da man do adestrador neerlandés Louis Van Gaal, o 24 de agosto de 2002, no partido correspondente ó Trofeo Joan Gamper entre o Barcelona e a Estrela Vermella de Belgrado que finalizou con vitoria local por un gol a cero. O seu debut en competición oficial tivo lugar o 13 de novembro de 2002 no Camp Nou, no partido de Liga de Campións entre o Barcelona e o Galatasaray SK, que venceron os azulgrana por tres a un. En Primeira División, debutou o 12 de xaneiro de 2003 ante o Málaga CF, nun encontro que terminou en empate a cero goles.

Durante as tempadas 2002/03 e 2003/04 alternou as súas actuacións no primeiro equipo con partidos co filial ata que, na tempada 2004/05, consolidouse no primeiro equipo como titular, participando en 36 partidos e contribuíndo activamente ao campionato de Liga logrado polo club, que supuxo o seu primeiro título persoal. Nesta tempada marcou o seu único gol como xogador do Barcelona no Estadio La Rosaleda, nun partido contra o Málaga, onde debutara dúas campañas antes. Xa na tempada 2005/06, non só volveu gañar o título de Primeira División, senón que tamén se proclamou campión a Champions League en París tras derrotar por 2-1 ó Arsenal FC xogando de titular.

Na tempada 2006/07, Oleguer conseguiu o título da Supercopa de España e unha Copa Cataluña. Durante a súa última campaña como barcelonista, a 2007/08, participou en doce partidos de Liga.

Ajax de Ámsterdam

editar

O 29 de xullo de 2008, Oleguer asinou un contrato de tres tempadas co club holandés Ajax, que pagou 3.000.000 €, máis 2,25 millóns de variables, incluíndo unha opción por un ano. Na súa presentación en Ámsterdam asignóuselle o dorsal 3, tivo unha participación moi activa co seu equipo debido ás lesións dos seus compañeiros xogando 27 partidos de liga dos cales 26 xogou de titular, o 18 de outubro dese ano marcou de cabeza o seu primeiro gol co Ajax contra o Groningen.

Na tempada 2009/10 ten unha menor participación xogando 13 partidos dos cales 8 xogou de titular, aínda que acabou gañando a Copa dos Países Baixos. Na tempada 2010/11 asígnaselle o dorsal 23 (o cal tivera sempre co FC Barcelona), é a tempada que menos participación ten co equipo, só xoga 9 partidos (3 en liga) e o equipo acaba gañando a liga holandesa. O 3 de abril de 2011 marca de cabeza o seu último gol co Ajax contra o Heracles Almelo, un partido que acabaría con vitoria do Ajax por 3 a 0.

Debido a que o Ajax decide non renovar a Oleguer, abandona o equipo ó final da tempada.