Oldboy (filme de 2003)

Oldboy é un filme surcoreano dirixido por Park Chan-wook que foi estreado no 2003. Segunda parte da triloxía The Vengeance Trilogy, precedida por Sympathy for Mr. Vengeance e seguida por Sympathy for Lady Vengeance. Está baseado no manga homónimo de Garon Tsuchiya e Nobuaki Minegishi.

Oldboy
Ficha técnica
Título orixinalOldboy - 올드보이
DirectorPark Chan-wook
ProdutorIm Seung-yong
Kim Dong-joo
GuiónHwang Jo-yoon
Im Joon-hyeong
Park Chan-wook
Baseado enOld Boy de Garon Tsuchiya e Nobuaki Minegishi
IntérpretesChoi Min-sik
Yoo Ji-tae
Kang Hye-jung
MúsicaJo Yeong-wook
FotografíaChung-hoon Chung
MontaxeKim Sang-beom
EstudioShow East
Egg Films
DistribuidoraShow East
Duración120 minutos
OrixeFlag of South Korea.svg Corea do Sur
XéneroDrama, Thriller
Orzamento$3 000 000[1]
Recadación$15 000 000
Filme anteriorSympathy for Mr. Vengeance
Filme seguinteSympathy for Lady Vengeance

ArgumentoEditar

O filme conta a historia de Oh Dae-su, que é secuestrado e pechado na habitación dun hotel durante 15 anos sen coñecer os motivos que teñen os seus raptores para facelo. Cando finalmente é liberado, Dae-su atópase a si mesmo atrapado nunha rede de conspiración e violencia. Ó seu obxectivo de vingarse engádeselle o romance cando se namora dunha fermosa cociñeira de sushi.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 2004: Festival de Cannes: Gran Premio do Xurado.
  • 2004: Festival de Sitges: Mellor filme.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar