Abrir o menú principal

Ofis Publik ar Brezhoneg

Logo de Ofis Publik ar Brezhoneg.

Ofis Publik ar Brezhoneg (Oficina pública da lingua bretoa en galego) é un organismo público de cooperación cultural pola lingua bretoa creado o 17 de setembro de 2010 a partir da Ofis ar Brezhoneg. O primeiro consello de administración tivo lugar o 15 de outubro de 2010 en Karaez-Plougêr, vila na que ten sede este organismo.

MisiónEditar

Ó igual que a súa predecesora Ofis ar Brezhoneg, este organismo ten como un dos seus principais obxectivos o estudo científico dos datos sociolingüísticos da lingua bretoa. Ademais, ten unha función de asesoramento na sinalización bilingüe e axuda a particulares, administracións e empresas que queiran empregar o bretón. Como parte do seu programa de promoción da lingua, tamén organiza cursos de bretón para adultos.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar