Ofelia é unha lúa de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 o 20 de xaneiro de 1986 e recibiu a designación temporal de S/1986 U 8.[7] Non volveu ser vista ata que foi recuperada polo Telescopio Espacial Hubble no 2003.[6][8] Ofelia recibiría máis tarde o nome da filla de Polonius, personaxe que aparece na obra de William Shakespeare, Hamlet. Tamén é coñecida coma Urano VII[9].

Ofelia
Ofelia
Imaxe do descubrimento de Ofelia (na parte superior da imaxe, por fora dos aneis)
Descubrimento
Descuberta por Richard J. Terrile / Voyager 2
Descuberta en 20 de xaneiro de 1986
Características orbitais
Raio orbital medio 53.763,390 ± 0,847 km[1]
Excentricidade 0,00992 ± 0,000107[1]
Período orbital 0,37640039 ± 0,00000357 d[1]
Inclinación 0,10362 ± 0,055° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite de Urano
Características físicas
Dimensións 54 × 38 × 38 km[2]
Raio medio 21,4 ± 4 km[2][3][4]
Área superficial ~6.600 km²[5]
Volume ~41.000 km³[5]
Masa ~5,3 x 1016 kg[5]
Densidade media 1,3 g/cm3 (estimada)[3]
Gravidade superficial ~0,0070 m/s2[5]
Velocidade de escape ~0,018 km/s[5]
Período de rotación sincrónica[2]
Oblicuidade da eclíptica cero[2]
Albedo 0,08 ± 0,01[6]
0,07[3][4]
Temperatura superficial ~64 K[5]

Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 21 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro. As imaxes da Voyager 2 amosan a Ofelia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Ofelia é de 0,7 ± 0,3[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal.

Ofelia actúa coma lúa pastor exterior do anel Epsilon.[10] A órbita de Ofelia está dentro do raio das órbitas sincrónicas de Urano, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597. 
  3. 3,0 3,1 3,2 JPL (Solar System Dynamics) (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008. 
  4. 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (23-11-2007). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Uranian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 18-01-2010. Consultado o 12-12-2008. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Calculado en base a outros parámetros
  6. 6,0 6,1 6,2 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596. 
  7. Smith, B. A. (27-01-1986). "IAU Circular No. 4168". Consultado o 6-10-2018. 
  8. Showalter, M. R.; Lissauer, J. J. (3-09-2003). "IAU Circular No. 8194". Consultado o 06-10-2018. 
  9. USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 6-08-2006. 
  10. Esposito, L. W. (2002). "Planetary rings". Reports On Progress In Physics 65: 1741–1783. doi:10.1088/0034-4885/65/12/201. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar