Egópsidos
Egópsidos Oegopsida | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lura xigante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A dos egópsidos (Oegopsida), tamén coñecidos antigamente por oigópsidos (Oigopsida),[3][4] é unha orde de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes,[1] ou decápodos, que constitúe, co seu grupo irmán, o dos miópsidos, os cefalópodos coñecidos na bibliografía internacional como "luras".
O grupo comprende numerosas especies abisais, entre elas varias de luras xigantes.
Características
editarOs egópsidos son un luras peláxicas, con algunhas especies nerito-oceánicas asociadas a montes submarinos.[5]
Unha característica distintiva con respecto aos miópsidos é que teñen un burato na córnea que pon en comuncación co exterior a cámara anterior do ollo. As femias presentan dous ovidutos.[6]
Taxonomía
editarDescrición
editarA orde foi descrita en 1845 polo naturalista francés Alcide d'Orbigny.
Etimoloxía
editarO termo Oegopsida está formado polos elementos do latín científico oeg-, tirado do grego antigo οίγω oígō, 'abrir', e -opsida, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo'. Literalmente: 'os de ollos abertos', aludindo ao burato que teñen na córnea dos ollos.
Clasificación
editarSegundo o WoRMS, a orde comprende as seguintes familias:[1]
- Ancistrocheiridae Pfeffer, 1912
- Architeuthidae Pfeffer, 1900
- Batoteuthidae Young & Roper, 1968
- Brachioteuthidae Pfeffer, 1908
- Chiroteuthidae Gray, 1849
- Cranchiidae Prosch, 1849
- Cycloteuthidae Naef, 1923
- Enoploteuthidae Pfeffer, 1900
- Gonatidae Hoyle, 1886
- Histioteuthidae Verrill, 1881
- Joubiniteuthidae Naef, 1922
- Lepidoteuthidae Naef, 1912
- Lycoteuthidae Pfeffer, 1908
- Magnapinnidae Vecchione & Young, 1998
- Mastigoteuthidae Verrill, 1881
- Neoteuthidae Naef, 1921
- Octopoteuthidae Berry, 1912
- Ommastrephidae Steenstrup, 1857
- Onychoteuthidae Gray, 1847
- Pholidoteuthidae Adam, 1950
- Promachoteuthidae Naef, 1912
- Psychroteuthidae Thiele, 1920
- Pyroteuthidae Pfeffer, 1912
- Thysanoteuthidae Keferstein, 1866
- Walvisteuthidae Nesis & Nikitina, 1986
Para algúns autores, o grupo é unha suborde da orde dos téutidos (Teuthida), co nome de Oegopsina.[7] Porén, Teuthida é un nomen dubium, que inclúe [Myopsida + Oegopsida], pero non está demostrado que formen un clado.[8]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Oegopsida no WoRMS.
- ↑ Oegopsina no WoRMS.
- ↑ R. Lydekker et al. An Encyclopedia of Natural History Vol. 2. Delhi, India: Mittal Publications.
- ↑ C. P. Raven (1966): Morphogenesis: The Analysis of Molluscan Development. London: Pergamon Press.
- ↑ "Oegopsid Squids" en FAO Species Catalogue for Fishery Purposes Nº 4, Vol. 2.
- ↑ VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, p. 289.
- ↑ Oegopsina no ITIS.
- ↑ Teuthida Naef, 1916 no WoRMS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Egópsidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Egópsidos |
Bibliografía
editar- Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods
- Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0.
- Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6.
- Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll and Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. I. Smithsonian Contributions to Zoology.
- Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll and Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. II. Smithsonian Contributions to Zoology.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Young, Richard E. & Michael Vecchione (2016): Oegopsida Orbigny, 1845 Arquivado 10 de abril de 2016 en Wayback Machine.. Versión: 27 de febreiro de 2016. Tree of Life.
- Oegopsida na EOL (en inglés).
- Oegopsida en Catalogue of Life: 25th March 2016. Spacies 2000. ITIS.
- Oegopsina en NCBI.