Octavio García

avogado e político galego
(Redirección desde «Octavio García Fernández»)

Octavio García Fernández, nado en Vilachá Pedrosa (Veiga, Becerreá) cara a 1882 e finado no mesmo lugar o 29 de setembro de 1953, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaOctavio García
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor em Wikidata
Vilachá Pedrosa, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Vilachá Pedrosa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Becerreá
Presidente da Deputación de Lugo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fiscal municipal de Becerrea en 1905,[1] e xuíz municipal de Becerreá en 1907.[2] Militante do Partido Liberal, foi elixido deputado provincial polo polo distrito de Fonsagrada-Becerreá en 1915.[3] Foi un dos asinantes do manifesto anticaciquil dirixido ao distrito de Becerreá en maio de 1930 con Mauro Fernández, Faustino Cela e José de Boado.[4] Na República foi alcalde de Becerreá. Militou en Izquierda Republicana, da que foi directivo en Lugo. Foi nomeado xestor da Deputación provincial de Lugo polo distrito de Becerreá-Fonsagrada en decembro de 1935 e elixido presidente da Comisión xestora da Deputación o 30 de decembro.[5] Continuou no cargo até marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de decembro e ingresou na cadea de Lugo. Estivo detido sen procesamento xudicial ata o 11 de marzo de 1938 e foi condenado ao desterro en Soria. Foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas ao pago dunha forte multa e cinco anos de inhabilitación.[6] Finou en Vilachá Pedrosa o 29 de setembro de 1953.[7]


Predecesor:
?
  
Alcalde de Becerreá
 
Sucesor:
?
Predecesor:
José Cobreros de la Barrera
  
Presidente da Deputación de Lugo
 
1935 - 1936
Sucesor:
Celestino Noya Rodríguez

Vida persoal editar

Casou en Becerreá con Ana Fernández Poy en 1920,[8] e foi pai de Serafín e María García Fernández.

Notas editar

  1. El Regional, 28-5-1905, p. 2.
  2. El Norte de Galicia, 21-10-1907, p. 2.
  3. Verdad y Justicia, 12-6-1915, p. 6.
  4. "Galicia en marcha", El Pueblo Gallego, 13-5-1930, p. 9.
  5. El Pueblo Gallego, 31-12-1935, p. 12.
  6. BOE, 15-10-1940, p. 4809.
  7. Necrolóxica en El Progreso, 1-10-1953, p. 3.
  8. El Eco de Santiago, 5-11-1920, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar