O lobo con botas
O lobo con botas é unha obra de literatura infantil escrita por Hematocrítico (editado en galego[cando?] e actualmente[cando?] dispoñible tamén en castelán).
O lobo con botas | |
---|---|
Título orixinal | O lobo con botas |
Autor/a | Hematocrítico |
Ilustrador/a | Alberto Vázquez |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Xénero(s) | infantil |
Editorial | Xerais |
Páxinas | 72 |
ISBN | ISBN 978-84-9121-389-5 |
Tradución | Anaír Rodríguez |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa primeira edición foi en galego de Edicións Xerais de Galicia.
É un conto que trata sobre o consumismo protagonizado por lobos, gatos, dragóns, xigantes... onde se formula unha pregunta ós máis pequenos: É divertido xogar unha vez tes todo o que queres?
Sinopse editar
Feroz o tío de Lobiño monta unha xastrería, pero esta comeza a ir mal debido a que non vai ninguén. Un día o seu sobriño ensínalle ao seu tío un póster do gato con botas, a nova estrela infantil de moda. Todos queren vestir coma el, un sombreiro, unha espada, unhas botas… algo que o lobo Feroz aproveita para facer negocio.
Cando os nenos teñen todo, o tío, desexoso de máis diñeiro envolve ó gato con botas para que pose con diferentes produtos que posteriormente facendo uso de fotos utilizará para venderlles máis cousas ós rapaces.