O home de aceiro

filme de 2013 dirixido por Zack Snyder

O home de aceiro (en inglés: Man of Steel) é un filme estadounidense-británico de 2013 dirixido por Zack Snyder. Baséase no personaxe de DC Comics Superman. Producido por DC Entertainment, Legendary Pictures, Syncopy e Cruel and Unusual Films, e distribuído por Warner Bros. Pictures, é unha produción entre os Estados Unidos de América e o Reino Unido[2] e o primeiro título do Universo Estendido de D (DCEU).[5][6] O guión foi escrito por David S. Goyer, e está protagonizado por Henry Cavill, Amy Adams, Michael Shannon, Kevin Costner, Diane Lane, Laurence Fishburne, Antje Traue, Ayelet Zurer, Christopher Meloni e Russell Crowe. O home de aceiro é un reboot da franquía cinematográfica de Superman que conta cos personaxes da historia orixinal. No filme, Clark Kent descobre que é un alien superpoderoso orixinario do planeta Krypton. Decide asumir o papel de protector da humanidade, tomando esa elección para enfrontarse ao Xeneral Zod e evitar que destrúa a humanidade.

O home de aceiro
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalMan of Steel
DirectorZack Snyder
Produtor
GuiónDavid S. Goyer
Baseado enSuperman de Jerry Siegel e Joe Shuster
Intérpretes
MúsicaHans Zimmer
FotografíaAmir Mokri
MontaxeDavid Brenner
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaAlice Tully Hall 10 de xuño de 2013
Galicia 6 de xaneiro de 2018 (TVG)
Duración143 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[2]
Reino Unido Reino Unido[2]
XéneroSuperheroes
Orzamento225–258 millóns de dólares[3][4]
Recadación668 millóns de dólares[3]
Na rede
https://www.warnerbros.com/man-steel
IMDB: tt0770828 Filmaffinity: 730631 Allocine: 123348 Rottentomatoes: m/superman_man_of_steel Mojo: superman2012 Allmovie: v527047 TCM: 862277 Metacritic: movie/man-of-steel TV.com: movies/man-of-steel Netlix: 70264797 Editar o valor en Wikidata

O desenvolvemento comezou en 2008 cando Warner Bros. decidiu relanzar a franquía. Snyder foi contratado como director en outubro de 2010. A fotografía principal comezou en agosto de 2011 en West Chicago, Illinois, antes de trasladarse a Vancouver e Plano, Illinois. O home de aceiro estreouse nos cinemas o 14 de xuño de 2013, en 2D, 3D e IMAX. Malia recibir valoracións dispares por parte da crítica, o filme converteuse nun éxito de recadación, conseguindo máis de 668 millóns de dólares en todo o mundo. A crítica eloxiou os efectos visuais e a banda sonora de Hans Zimmer, mais criticou o seu ritmo e a falta de desenvolvemento do personaxe. A súa secuela, titulada Batman contra Superman: O amencer da xustiza estreouse o 25 de marzo de 2016.

Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2018 a través da TVG.[7]

Personaxes

editar
  1. British Board of Film Classification, ed. (21 de maio de 2013). "Man of Steel". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 British Film Institute (ed.). "Man of Steel (2013)". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Man of Steel (2013)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2013. 
  4. Fleming Jr, Mike (21 de marzo de 2014). "2013 Most Valuable Blockbuster Tournament Tip-Off – #1 'Iron Man 3' Vs. #16 'The Conjuring'; #8 'Gravity' Vs. #9 'Man Of Steel'". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2015. Consultado o 22 de marzo de 2015. 
  5. Wade, Jessie (21 de xullo de 2018). "DC Finally Names Its Movie Brand – Comic-Con 2018". IGN. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2018. 
  6. Barr, Merrill (9 de abril de 2014). Forbes, ed. "Will Warner Brothers & DC Ever Catch Up To Marvel Television After Last Night's 'Agents of S.H.I.E.L.D.'?". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2014. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2018. Consultado o 05 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar