O espírito do bosque
O espírito do bosque (2008) é a terceira longametraxe de animación producida por Dygra Films. É unha secuela de O bosque animado, que foi o primeiro filme en animación 3D por ordenador en ser producido en Europa.[1]
Ficha técnica | |
---|---|
Xénero | Animación |
Na rede | |
http://www.dygrafilms.es/index_dygra_ENG.htm | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Produción e distribuciónEditar
A película está dirixida por David Rubín, que se encargou da dirección artística, e Xoán Carlos Pena, encargado de coordinar a produción técnica. A película foi presentada no Festival de Cannes e seleccionada para competir na sección oficial da XXV edición do Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago, que tivo lugar entre o 23 de outubro e o 2 de novembro de 2008.
Na súa produción participaron máis dun cento de persoas, entre animadores, deseñadores, músicos, físicos, técnicos e dobradores. Esta última faceta foi levada a cabo na súa versión en galego por coñecidas voces de dobraxe da Galega. A distribución da cinta, que custou 14 millóns de euros, correu a cargo de Manga Films, a diferenza dos dous títulos anteriores de Dygra, que foron comercializados por Buenavista.
TramaEditar
A trama da película, ambienta da Fraga de Cecebre, ao igual que a súa anterior produción, O bosque animado, consiste no intento das árbores e animais da mesma en impedir que se constrúa unha estrada a través do bosque. A ambientación e varias das personaxes son as mesmas que en O bosque animado.
Personaxes e actores de dobraxe na versión galegaEditar
- Furi (toupa) –Ignacio Castaño.
- Linda (toupa) – Consuelo Díaz Isorna.
- Cebolo (toupa) – Carolina Vázquez Diéguez.
- Piorno (rato)
- Hu-hu (mosca) – Óscar Fernández
- Ho-ho (mosca) - Xoán Dieguez Vázquez
- Morriña – Ana Lemos.
- Señora D´Abondo – Lucía Cid Cabido.
PremiosEditar
Foi candidata ao Goya á mellor longametraxe de animación en 2008.
NotasEditar
- ↑ "O bosque animado, a primeira película de animación europea en 3D, cumpre vinte anos". Academia Galega do Audiovisual ; www.academiagalegadoaudiovisual.gal. Consultado o 2023-03-05.