O derradeiro emperador
O derradeiro emperador[3] (en inglés: The Last Emperor) é un filme dirixido por Bernardo Bertolucci que se estreou no ano 1987. O filme narra a vida de Puyi, o derradeiro emperador da China, cuxa autobiografía foi a base para o guión escrito por Mark Peploe e Bernardo Bertolucci.
O derradeiro emperador | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Last Emperor |
Director | Bernardo Bertolucci |
Produtor | Jeremy Thomas |
Guión | Mark Peploe Bernardo Bertolucci |
Intérpretes | John Lone Joan Chen Peter O'Toole Ruocheng Ying Victor Wong |
Música | Ryuichi Sakamoto David Byrne Cong Su |
Fotografía | Vittorio Storaro |
Montaxe | Gabriella Cristiani |
Estudio | Hemdale Film Corporation Recorded Picture Company |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 1987 |
Duración | 160 minutos |
Orixe | Reino Unido China Italia |
Xénero | Histórico, Biográfico |
Orzamento | $23 800 000[1] |
Recadación | $43 984 230[2] |
Na rede | |
Sinopse
editarÉ a historia de Puyi, o último emperador da China, que subiu ó trono ós tres anos e foi adorado por 500 millóns de persoas como un deus. Gobernou na Cidade Prohibida, ata que as forzas republicanas, que querían abolir a corte imperial, o encerraron entre as súas murallas. Finalmente abdicou e converteuse durante un tempo nun monicreque das forzas de ocupación xaponesas en Manchuria. Despois chegou a revolución comunista e foi encarcerado para "limpar" a súa mente de todo pensamento capitalista. Nos derradeiros anos da súa vida foi xardineiro no parque botánico de Pequín e levou unha vida como un home normal no seu país, sendo testemuña do culto a Mao Tse Tung e da Revolución Cultural.
Personaxes
editar- John Lone como Puyi (adulto)
- Joan Chen como Wan Jung
- Peter O'Toole como Reginald Johnston
- Ying Ruocheng como Detention Centre Governor
- Victor Wong como Chen Baochen
- Dennis Dun como Big Li
- Ryuichi Sakamoto como Amakasu Masahiko
- Maggie Han como Eastern Jewel
- Ric Young como Interrogador
- Vivian Wu (nos créditos como Wu Jun Mei) como Wen Xiu
- Cary-Hiroyuki Tagawa como Chang
- Jade Go como Ar Mo
- Fumihiko Ikeda como Coronel Yoshioka
- Richard Vuu como Puyi (ós 3 anos)
- Tijger Tsou como Puyi (ós anos)
- Wu Tao como Puyi (ós 15 anos)
- Fan Guang como Pujie (adulto), o irmán máis novo de Puyi
- Henry Kyi como Pujie (ós 7 anos)
- Alvin Riley III como Pujie (ós 14 anos)
- Lisa Lu como Empress Dowager Cixi
- Hideo Takamatsu como Xeneral Takashi Hishikari
- Hajime Tachibana como Tradutor de xaponés
- Basil Pao como 2º Príncipe Chun, pai de Puyi
- Henry O como Lord Chamberlain
Galardóns e nomeamentos
editarNotas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ The Last Emperor Box Office Mojo
- ↑ "Butaca Especial: O derradeiro emperador". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)