O demo no corpo
O demo no corpo[1] (en francés: Le Diable au corps) é unha novela escrita por Raymond Radiguet publicada orixinalmente no ano 1923. Conta a historia dunha muller casada nova que ten unha aventura cun rapaz de dezaseis anos mentres o seu marido está lonxe loitando na fronte, o cal provoca un escándalo nun país que aínda acaba de pasar pola primeira guerra mundial. Aínda que Radiguet o negou, estabeleceuse posteriormente que parte da historia era autobiográfica.[2] A crítica, que inicialmente desprezaban a intensa campaña publicitaria para o lanzamento do libro (algo que normalmente non estaba asociado a obras de mérito literario da época) foi finalmente conquistada pola calidade da escritura de Radiguet e o seu estilo sobrio e obxectivo.
O demo no corpo | |
---|---|
Título orixinal | Le Diable au corps |
Autor/a | Raymond Radiguet |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Tema(s) | Primeira guerra mundial, L'Amour e sen etiquetar |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Irmás Cartoné |
Data de pub. | 1923 2016 |
Formato | Tapas duras |
ISBN | ISBN 978-84-945411-2-4 (gl) |
Tradución | Samuel Solleiro |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Samuel Solleiro[3] e foi publicado pola editorial Irmás Cartoné no ano 2016.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 O demo no corpo. Traducido por Samuel Solleiro (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2016. ISBN 978-84-945411-2-4 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "THE DEVIL IN THE FLESH | A NOVEL RAYMOND RADIGUET | TRANSLATED BY CHRISTOPHER MONCRIEFF | PART OF THE NEVERSINK LIBRARY". mhpbooks.com. Melville House Publishing. Consultado o 7 de decembro de 2016.
- ↑ Irmás Cartoné (ed.). "O demo no corpo, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019.