Raymond Radiguet

escritor francés

Raymond Radiguet, nado en Saint-Maur o 18 de xuño de 1903 e finado en París o 12 de decembro de 1923, foi un escritor francés.

Infotaula de personaRaymond Radiguet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Raymond Maurice Radiguet Editar o valor em Wikidata
18 de xuño de 1903 Editar o valor em Wikidata
Saint-Maur-des-Fossés (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata (20 anos)
16º distrito de París (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFebre tifoide Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 56 48°51′43″N 2°23′30″L / 48.861898, 2.391696
Grave of Radiguet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Charlemagne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , xornalista , novelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
ParellaBeatrice Hastings
Irène Lagut (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiMaurice Radiguet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0705608 Musicbrainz: d08d0270-87ea-4190-8558-2f5ebdd114f9 Find a Grave: 7850 Editar o valor em Wikidata
Raymond Radiguet por Modigliani (1915).

Traxectoria editar

Radiguet naceu en Saint-Maur, nas proximidades de París, fillo dun caricaturista. En 1917 mudouse para a cidade. Ben cedo, aos 15 anos de idade, abandonou completamente os estudos no Lycée Charlemagne para se dedicar ao xornalismo e á literatura. Asociouse co grupo modernista da época, creando amizade con Picasso, Max Jacob, Juan Gris e especialmente con Jean Cocteau, que se tornou o seu mentor e, de acordo cos rumores desa época en París, era probabelmente o seu amante.[Cómpre referencia] Radiguet tamén tivo diversas relacións ben documentadas con mulleres.[Cómpre referencia]

No comezo de 1923, Radiguet publicou a súa primeira e máis famosa novela: O demo no corpo. Conta a historia dunha moza casada que ten un romance cun rapaz de dezaseis anos de idade mentres seu marido loita na fronte de guerra, o que provocou un escándalo en Francia, que acabara de saír da primeira guerra mundial. Aínda que Radiguet o negase, confirmouse que a historia foi en gran parte autobiográfica. Críticos, que inicialmente menosprezaran a intensa campaña publicitaria para o lanzamento do libro (algo normalmente non asociado a traballos de mérito literarios na época), finalmente apreciaron a escrita sobria e o estilo obxectivo de Radiguet.

A súa segunda novela, Le bal du Comte d'Orgel, que tamén trataba sobre o adulterio, foi publicado só postumamente, en 1924. Aos 20 anos de idade, Radiguet morreu prematuramente de febre tifoide, que el contraeu tras unha viaxe que fixera con Cocteau. En reacción a súa morte, Francis Poulenc escribiu: "Durante dous días fun incapaz de facer calquera cousa do atordoado que estaba" (Ivry 1996). Ao lado desas dúas novelas, os traballos de Radiguet inclúen algúns poucos volumes de poesía e unha peza teatral.

En 1947, Claude Autant-Lara lanzou o seu filme Le diable au corps, baseado na novela de Radiguet e con Gérard Philipe como actor principal. Por se estrear xustamente tras a segunda guerra mundial, o filme causou de novo controversia. Entre outras versións cinemáticas das historias de Radiguet, destácase unha adaptada por Marco Bellocchio, Il diavolo in corpo (1986), que se tornou notábel por ser un dos primeiros filmes da actualidade en mostrar relacións sexuais non simuladas.

Obras editar

  • Les Joues en feu, poesías (1920)
  • O demo no corpo (Le Diable au corps) (1923)[1]
  • Le Bal du comte d'Orgel (1924)

Notas editar

  1. Existen dúas tradución ao galego da obra. Unha realizada por María Dolores Ramos Duarte e publicada en BIVIR e outra de Samuel Solleiro publicada por Irmás Cartoné.