O día da lagosta

novela de Nathanael West

O día da lagosta (título orixinal en inglés, The Day of the Locust) é unha novela do autor estadounidense Nathanael West, publicada orixinalmente en 1939. Ambientada en Hollywood, California, durante a Gran Depresión, trata da alienación e desesperanza dun amplo grupo de individuos que existen nos límites da industria cinematográfica de Hollywood.

O día da lagosta
Título orixinalThe Day of the Locust
Autor/aNathanael West
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Random House
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub. 1939
Galicia 2016
FormatoTapas duras
ISBNISBN 978-84-942570-9-4 (gl)
TraduciónCarlos Valdés García
editar datos en Wikidata ]

En 1998, a Modern Library clasificou O día da lagosta no posto 73 da súa lista de 100 mellores novelas en inglés do século XX. A revista Time incluíu a novela na súa lista de 100 mellores novelas en inglés de 1923 a 2005, e o destacado crítico Harold Bloom incluíuna na súa lista de obras canónicas no libro The Western Canon.

Foi traducida ó galego por Carlos Valdés García[1] e foi publicado pola editorial Irmás Cartoné no ano 2016.

Notas editar

  1. Irmás Cartoné (ed.). "O día da lagosta, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 11 de abril de 2019.