O anxo negro

filme de 1994 dirixido por Jean-Claude Brisseau

O anxo negro (en francés: L'ange noir) é un filme francés de 1994 dirixido e escrito por Jean-Claude Brisseau.

O anxo negro
Ficha técnica
Título orixinalL'ange noir
DirectorJean-Claude Brisseau
ProdutorJean-Claude Brisseau
GuiónJean-Claude Brisseau
IntérpretesSylvie Vartan
Michel Piccoli
Tchéky Karyo
MúsicaJean Musy
FotografíaRomain Winding
MontaxeMaría Luisa García
EstudioLes Films Alain Sarde
EstreaFrancia 16 de novembro de 1994
Galicia 21 de marzo de 2001 (TVG)
Duración99 minutos
Orixe Francia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0109123 Filmaffinity: 228465 Allocine: 10831 Rottentomatoes: m/the_black_angel Allmovie: v133926 Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego a través da TVG o 21 de marzo de 2001.[1]

Sinopse editar

Stephane Feuvier asasina de xeito cruel un home no pazo onde ela vive. É a esposa do ilustre maxistrado George Feuvier, un home importante da alta sociedade bordelesa. Coa axuda da súa criada Madeleine amáñao todo para que pareza un intento de violación e así lexitimar o seu crime. O seu home contrata un dos mellores avogados da cidade para defendela.[2]

Personaxes editar

  • Sylvie Vartan como Stéphanie Feuvrier
  • Michel Piccoli como Georges Feuvrier
  • Tchéky Karyo como Paul Delorme
  • Alexandra Winisky como Cécile
  • María Luisa García como Madeleine
  • Philippe Torreton como Christophe
  • Bernard Verley como Pitoto
  • Claude Faraldo como Aslanian
  • Claude Giraud como Romain Bousquet
  • Claude Winter como Sra. Pitot
  • Henri Lambert como o xuíz Dumas
  • Francine Olivier como Sra. Dumas
  • Gérard Lecaillon como inspector de policía
  • Aline Perrier como a rapaza
  • Jean Bourgnac como o director do cárcere

Notas editar

  1. "Programación da TVG". ABC. 16 de marzo de 2001. Consultado o 5 de febreiro de 2018. 
  2. Allociné (ed.). "L'Ange noir". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar