Sylvie Vartan

cantante francesa

Sylvie Georges Vartanian[1] (en búlgaro: Силви Жорж Вартанян), nada en Iskrets (Sofía) o 15 de agosto de 1944, é unha actriz e cantante francesa de orixe búlgara e armenia,[2] coñecida como Sylvie Vartan.

Infotaula de personaSylvie Vartan

(2009) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Silvi Zhorzh Vartan (traduit du bulgare)
(hu) Szilvia Zsorzs Vartan Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(bg) Силви Жорж Вартан Editar o valor em Wikidata
15 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Iskrets (Bulgaria) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís (1952–)
Sofía (–1952) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , actriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua búlgara Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music
Philips
Mercury Records
Columbia Records
RCA Records
Ricordi International (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Artistas relacionadosJohnny Hallyday: Sylvie Vartan and Johnny Hallyday (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTony Scotti (pt) Traducir (1984–)
Johnny Hallyday (1965–1980) Editar o valor em Wikidata
FillosDavid Hallyday (pt) Traducir, Darina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEddie Vartan Editar o valor em Wikidata
ParentesMichael Vartan (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websylvie-vartan.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0890233 Allocine: 19593 Allmovie: p198189
Facebook: SylvieVartanOfficiel Youtube: UC4KARxMvABaU9ShpZ0VspPw Spotify: 3Zi9cVUyWeAFjxEHn3bCqZ Musicbrainz: ff82ff36-5d5a-41ce-b305-0ccdef9c4cdc Songkick: 240928 Discogs: 282391 Allmusic: mn0000757119 WikiTree: Вартан-1 Genius: Sylvie-vartan Editar o valor em Wikidata

Con 50 millóns de discos vendidos, 2000 portadas de revistas (a primeira artista francesa, por diante de Bardot e Deneuve) e cantante francesa número un en concertos e público, Sylvie Vartan está considerada unha lenda e icona.

Traxectoria editar

Vartan naceu en Bulgaria, filla de Georges Vartanian (1912—1970), que nacera en Francia de nai búlgara e pai armenio.[3] Trasladouse a Francia cos seus pais e irmán en decembro de 1952.[2] Debutou como actriz no filme Patate de 1964. A pesar de centrarse máis na súa carreira como cantante, Vartan apareceu en varios filmes máis.

Á idade de vinte e un anos, en 1965, casou co cantante de rock francés Johnny Hallyday.[4] Xuntos tiveron un fillo, David Michael Benjamin Smet, que seguindo a tradición familiar tamén se converteu en cantante. Hallyday e Vartan foron a "parella de moda" da súa xeración en Francia, atraendo constantemente a atención da prensa rosa. Divorciáronse en 1980 e Vartan casou de novo en 1984 co produtor musical estadounidense Tony Scotti.[2]

En 2005 Vartan foi nomeada embaixadora de boa vontade da Organización Mundial da Saúde.[5]

Os seus grandes éxitos como cantante foron coas cancións "Panne d'essence", "Comme un garçon", "J 'ai un probleme, je crois bien que je t'aime", "La plus belle pour aller dancer" ou "Irrésistiblemente". Cómpre ter en conta que Vartan, recoñecida como boa lingüista, interpretou cancións en varias linguas. Por exemplo, a súa versión italiana de "Irrésistiblemente" foi un grande éxito cando a cantou na televisión italiana nos anos setenta.

En Francia continuou a ser a artista feminina de máis éxito da súa xeración cando lanzou un disco ou xira. En 2004 e 2008 actuou dúas semanas no Palais des Congrés de París, vendendo todas as entradas. En 2009 realizou unha xira por Francia, o Xapón, Turquía, Suíza e Bélxica.

Filmografía editar

  • Pod igoto (1952)
  • Un clair de lune à Maubeuge (1962)
  • Cherchez l'idole (1963)
  • D'où viens-tu, Johnny? (1964)
  • Patate (1964)
  • Malpertuis (1971)
  • O anxo negro (1994)
  • Mausolée pour une garce (2001) (TV)
  • The Missionaries (2014)

Notas editar

  1. "Sylvie Vartan: Bio". Universal Music Group. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Biography". Sylvie Vartan's official site. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de novembro de 2007. 
  3. Kadrinova, Kadrinka. "Сърдечни връзки". Tema News. Consultado o 5 de xullo de 2015. 
  4. "Johnny Hallyday marries Sylvie Vartan 1965". British Pathe News. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  5. L'activité de l'OMS dans la Région européenne en 2004-2005 : Rapport biennal du directeur régional. (PDF). L’Organisation mondiale de la santé (OMS. 2006. p. 53. ISBN 92-890-2385-6. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sylvie Vartan dans la lumière, autobiografía, Xo – 2007 ISBN 978-2-84563-337-7
  • Entre l'ombre et la lumière, autobiografía, Xo – 2004, ISBN 2-84563-195-2
  • Sylvie Vartan, Camilio Daccache e Isabelle Salmon, Vaderetro – 1996, ISBN 2-909828-41-7
  • Sylvie Vartan, une fille de l'Est, Eric Cazalot e Christian Cazalot, Express Prelude & Fugue – 2003, ISBN 2-84343-163-8
  • Sylvie Vartan, Revue de mode, Paris-Musées – 2004, ISBN 2-87900-847-6
  • Dictionnaire des chansons de Sylvie Vartan, Benoît Cachin, Tournon – 2005, ISBN 2-914237-34-0

Ligazóns externas editar