O Vilar, O Araño, Rianxo

lugar da parroquia do Araño, no concello de Rianxo

O Vilar é un lugar da parroquia do Araño no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 27 habitantes (11 homes e 16 mulleres).

O Vilar

Vista desde o monte Muralla Editar o valor en Wikidata
ParroquiaO Araño
ConcelloRianxo
Coordenadas42°43′27″N 8°46′47″O / 42.724166666667, -8.7796388888889
Poboación27 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]


Patrimonio

editar

No Vilar hai un cruceiro con anxeliños enterrados debaixo de antigamente (nenos que morrían antes de ser bautizados), e dúas fontes, unha das cales está sen encanar, pero a outra foi construída en pedra no 1964, e cun pozo anexo tamén en pedra. Na aldea, ademais, hai varios conxuntos de hórreos. Porén, o patrimonio do Vilar periga debido ás malas restauracións e malas obras, como o tapiamento con bloques de formigón do salto de auga na aldea, o cerramento para uso privado da eira comunal onde antigamente se bailaba e se facían os tradicionais seráns, derrubamento de escalinatas de pedra de acceso a antigas casas, entubamento con tubos de formigón do curso da auga que saia do pozo para uso particular de casas sen pozos para as súas augas, uso de pedra nova, casas tradicionais arregladas dándoselles máis altura da debida, ou tapar unha antiga calzada de grandes lousas de pedra con cemento. O descoñecemento e desidia das autoridades, unido ás malas prácticas dos particulares provoca estes danos no patrimonio, e a creación do feísmo paisaxístico.

A antiga escola rural é na actualidade usada pola xunta de montes en man común de Cerqueiras, Vilar e Campelo (e A Varela), para as reunións da xunta, e para a festa anual dos veráns coincidindo coas festas dos Milagros na parroquia.

Lugares e parroquias

editar

Lugares do Araño

editar
Lugares da parroquia do Araño no concello de Rianxo (A Coruña)

O Agro da Moa | O Batán | Buía | Campelo | Cantalarrana | A Capela | Carballal | A Casilla | Cerqueiras | Contrés | A Ermida | A Ferrería | Foxacos | Os Lemos | As Miráns | Outeiro | A Pontenova | Pousada | O Rabado | O Toural | Traba | A Varela | O Vilar | Os Xens | Os Xufreus

Parroquias de Rianxo

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)