O Garaxe Hermético

escola profesional de banda deseñada e ilustración en Pontevedra

O Garaxe Hermético é a primeira Escola Profesional de banda deseñada e ilustración de Galicia, fundada por Kiko da Silva no 2012 e localizada na cidade de Pontevedra. Trátase dunha escola privada que ofrece unha titulación privada.

O Garaxe Hermético

Tipoescola profesional Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°25′57″N 8°38′20″O / 42.4325, -8.6389
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloPontevedra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPontevedra Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación21 de abril de 2012 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
PresidenteKiko da Silva Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBogaraxehermetico.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

A escola nace coa iniciativa de formar de xeito profesional a novos autores de BD e ilustradores. As clases están impartidas por profesionais do sector en activo como Fernando Iglesias, Fran Bueno Capeáns, Miguel Porto e o propio Kiko da Silva. A parte das clases anuais, tamén se ofertan Clases Maxistrais doutros profesionais con carácter gratuíto para os alumnos matriculados. Miguelanxo Prado tamén imparte un Seminario de Banda Deseñada mensual todos os cursos.

No ano 2018, foi escollido para participar no "European Comic Schools Contest", un dos máis importantes concursos de ilustración e banda deseñada de Europa.[1]

  1. Redacción (24 de febreiro de 2018). "O Garaxe Hermético, escollido para participar nun concurso europeo xunto as mellores escolas de cómic". PontevedraViva.com. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar